Yoshua Bengio, nado en París o 5 de marzo de 1964, é un científico da computación canadense, pioneiro das redes neurais artificiais e da aprendizaxe profunda.

É profesor na Universidade de Montreal e director científico do instituto de intelixencia artificial MILA.

Traxectoria Naceu en Francia nunha familia de xudeus marroquís que migraron ao país e posteriormente mudáronse ao Canadá. O seu irmán, Samy Bengio, tamén é investigador no campo da .

Carreira académica Bengio, Hinton e LeCun son ás veces chamados AI's godfathers (os "padriños da "). Bengio é o informático máis citado do mundo (tanto por citas totais como por índice H) e o científico vivo máis citado en xeral en todos os campos (por citas totais).

Bengio recibiu o Premio ACM Turing en 2018, xunto con Geoffrey Hinton e Yann LeCun, polo seu traballo fundamental no campo da aprendizaxe profunda.

En 2024, a revista TIME incluíu a Bengio na súa lista anual das 100 persoas máis influentes do mundo.

LawZero Nos anos 2020, Bengio destacou como unha das voces académicas máis visíbeis a prol da aliñación e seguridade da intelixencia artificial e da regulación dos modelos avanzados, asinando declaracións e cartas abertas sobre riscos catastróficos e impulsando a organización sen ánimo de lucro LawZero, centrada en resolver o problema científico de deseñar e promover sistemas de IA que sexan seguros.

Premios e recoñecementos En 2018 recibiu o Premio Turing xunto con Geoffrey Hinton e Yann LeCun.

En 2019 foi elixido fellow da Association for the Advancement of Artificial Intelligence.

Foi recoñecido como membro da Association for Computing Machinery en 2023.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Presentación de LawZero por Yoshua Bengio. Introducing LawZero - YouTube (en inglés)

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1964 Categoría:Científicos de Francia Categoría:Científicos de Marrocos Categoría:Científicos do Canadá Categoría:Informática Categoría:Intelixencia artificial Categoría:Seguridade informática