Demis Hassabis, nado o 27 de xullo de 1976, é un informático e investigador en intelixencia artificial inglés. É un dos fundadores de DeepMind e tamén asesor do goberno británico en materia de intelixencia artificial.

Compartiu a metade do Premio Nobel de Química de 2024 con John Jumper polas súas predicións sobre o pregamento de proteínas usando AlphaFold. A outra metade foi para David Baker.

Traxectoria Naceu en naceu e medrou no norte de Londres, de pai grecochipriota e nai singapuresa.

Foi campión de xadrez na súa infancia en diversos campionatos do Reino Unido e chegou ao nivel de mestre aos 13 anos. Estudou Ciencias da Computación no Queens' College da Universidade de Cambridge entre 1994 e 1997, e completou un doutoramento en neurociencia cognitiva no University College London.

Antes de orientarse cara á investigación, traballou como deseñador e programador de videoxogos, participando en proxectos de éxito e en estudos pioneiros no uso de IA nos xogos. En 2010 cofundou DeepMind, compañía adquirida por Google, centrada en técnicas de aprendizaxe automática e a súa aplicación a problemas científicos, entre eles a predición da estrutura das proteínas con AlphaFold.

Hassabis tamén exerceu como asesor do Goberno do Reino Unido en materia de intelixencia artificial, ligado á creación da Office for Artificial Intelligence.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1976