Lea Ypi, nada en Tirana o 8 de setembro de 1979, é unha escritora e académica albanesa.
É profesora de teoría política na London School of Economics e profesora adxunta de Filosofía na Research School of Social Sciences da Universidade Nacional de Australia.
En 2022 foi nomeada unha das dez mellores pensadoras do mundo pola revista británica Prospect e unha das figuras culturais máis importantes polo Frankfurter Allgemeine Zeitung. A súa obra foi traducida a 30 idiomas.
É membro do xurado do Deutscher Memorial Prize.
Traxectoria Ypi naceu en Tirana, é a filla maior de Xhaferr Ypi e Vjollca Veli que eran cidadáns relativamente correntes baixo o réxime comunista pero que máis tarde se involucraron na política democrática albanesa na infancia tardía de Ypi antes da guerra civil albanesa en 1997. Creceu tanto na Albania comunista como na poscomunista, sendo a experiencia desta transición o tema principal do seu libro Libre. El desafío de crecer en el fin de la historia (2021). Aínda que a súa familia se viu obrigada a ser atea baixo o réxime comunista, a súa familia foi tradicionalmente musulmá (Ypi posteriormente dixo que era agnóstica). Un dos seus bisavós paternos, Xhafer Ypi, foi brevemente primeiro ministro de Albania na década de 1920 e tamén presidiu por pouco tempo o goberno albanés despois da ocupación italiana. O avó de Ypi foi encarcerado polo goberno comunista de Albania durante 15 anos.
Educación Ypi estudou Filosofía e Literatura na Universidade Sapienza de Roma. Recibiu en 2005 a Mestría en Investigación e en 2008 o doutoramento, ambos os títulos do Instituto Universitario Europeo. Antes de unirse á London School of Economics foi investigadora postdoctoral en Nuffield College, Oxford e investigadora no Instituto Universitario Europeo, onde obtivo o seu doutoramento.
Ocupou postos de visitante e investigadora na Sciences Po, na Universidad de Frankfurt, na Wissenschaftszentrum de Berlín, na Universidade Nacional de Australia e no Instituto Italiano de Estudios Históricos.
Ademais do seu albanés nativo, Ypi fala inglés, italiano e francés con fluidez e tamén fala alemán e español.
Liñas de estudo e investigación Os intereses da investigación de Ypi son a teoría política normativa (incluída a teoría democrática, as teorías da xustiza e as cuestións de migración e dereitos territoriais), o pensamento político da Ilustración (especialmente Kant), o marxismo e a teoría crítica, así como a historia intelectual dos Balcáns, especialmente o seu Albania natal.
O seu libro Free: Coming of Age at the End of History, foi preseleccionado para o Premio Baillie Gifford de Non Ficción e o Premio Costa Book de Biografía. Gañou o Premio Ondaatje, o Premio á Primeira Biografía Slightly Foxed, e foi a memoria do ano do Sunday Times e libro do ano para The Guardian, The New Yorker, The Financial Times, The Times Literary Supplement, The Spectator, New Statesman, The Washington Post, Foreign Affairs e Daily Mail. En 2022, BBC Radio 4 difundiu o libro na súa serie Book of the Week.
Obras
The Meaning of Partisanship (O significado do partidismo) (con Jonathan White), Oxford University Press, 2016. Global Justice and Avant-Garde Political Agency (Xustiza global e axencia política de vangarda), Oxford University Press, 2012. Kant and Colonialism: Historical and Critical Perspectives (Kant e o colonialismo: perspectivas históricas e críticas) (coeditado con Katrin Flikschuh), Oxford University Press, 2014. Migration in Political Theory: The Ethics of Movement and Membership (A migración na teoría política: a ética do movemento e a membresía) (coeditado con Sarah Fine), Oxford University Press, 2016. Free: Coming of Age at the End of History (Libre: O desafío de crecer no fin da historia) Penguin Random House, 2021. The Architectonic of Reason: Purposiveness and Systematic Unity in Kant's Critique of Pure Reason (A arquitectura da razón: finalidade e unidade sistemática na crítica da razón pura de Kant), Oxford University Press, 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Lea Ypi. London School of Economics Páxina personal de Lea Ypi Conversación con Lea Ypi en Arte TV «Me gusta la heterogeneidad de Londres», una conversación con Lea Ypi. Le Grand Continent Página de Lea Ypi. The Guardian Entrevista en The Guardian Entrevista. The New Statesman Entrevista. Publishers Weekly Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Tirana Categoría:Profesores da London School of Economics