Marc-Olivier Doué Séné, nado en Bordeos o 11 de outubro de 2000, é un futbolista francés que xoga como centrocampista ou defensa central no Castellón, da Segunda División.

Traxectoria Naceu en Francia, nunha familia de orixe marfileña, e formouse como futbolista nas canteiras do Bordeaux e do PEC Zwolle, debutando co primeiro equipo deste último na Eredivisie en 2019. Entre 2021 e 2023 militou no Virton belga, antes de instalarse en España, onde pasou polo Eldense, a Ponferradina e o Castellón.

Vida persoal Os seus curmáns Guéla e Désiré Doué, e Yann Gboho son tamén futbolistas profesionais.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Eldense