Romain Matthys, nado en Seraing o 10 de xullo de 1998) é un futbolista belga que xoga como porteiro no Castellón, da Segunda División.

Traxectoria Debutou co RFC Liège o 7 de agosto de 2016, nun partido da Copa de Bélxica, e en 2019 pasou ao Eupen, da Primeira División. Despois de disputar só un partido oficial na tempada 2019/20 foi cedido ao RWDM e ao MVV nas seguintes dúas campañas. En abril de 2022 asinou definitivamente co MVV, no que xogou ata 2025, cando pasou ao Castellón. Notas

Categoría:Nados na provincia de Liexa Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do KAS Eupen