Allamaye Halina (en ), tamén coñecido como Al-Lamaye Halina, nado en Gounou Gaya o 1 de xaneiro de 1967, é un diplomático e político chadiano que ocupa o cargo de primeiro ministro do Chad desde 2024.
Traxectoria Graduouse na Universidade de N'Djamena cunha licenciatura en historia e xeografía en 1992. Continuou os seus estudos de posgrao no Instituto de Relacións Internacionais de Camerún e obtivo unha mestría en relacións internacionais.
De 2008 a 2010 foi Director de Recepción e Asuntos Cerimoniais no Ministerio de Relacións Exteriores. Foi Xefe de Protocolo do presidente chadiano Idriss Déby desde febreiro de 2010 até 2023. O 31 de xaneiro de 2023 foi nomeado embaixador de Chad na China.
En maio de 2024 o primeiro ministro Succès Masra anunciou a súa dimisión, despois de ser derrotado por Mahamat Déby nas eleccións presidenciais. Tras a toma de posesión de Déby, Halina foi designado primeiro ministro o 23 de maio.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no Chad Categoría:Primeiros ministros do Chad Categoría:Alumnos da Universidade de N'Djamena