Guillaume-Joseph-Charles Piot, nado en Lovaina o 17 de outubro de 1812 e finado en Sain Gilles, Brabante Flamengo, o 28 de maio de 1899, foi un historiador, numismático e arqueólogo belga.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Charles Piot naceu en Lovaina o 17 de outubro de 1812,Tihon, C. (1964). Páxina 571. fillo de Anne-Mirie van Bockel e de Georges Piot. A separación dos seus pais cando el era un neno fixo que pasase ao coidado do seu tío, Englebert-Michel Piot.Cuvelier, J. (1921). Páxinas 159-160.
Piot educouse integramente na súa cidade natal, desde a educación primaria e secundaria ata os seus estudos superiores na Universidade Estatal de Lovaina, onde acadou o doutoramento en Dereito o 27 de novembro de 1834.Cuvelier, J. (1921). Páxina 160.
Carreira profesional e erudita Desde a súa xuventude, amosou interese polas artes, a música e a investigación histórica, que o levou a publicar en 1939 unha historia de Lovaina, a súa primeira monografía. Pola súa banda, o seu amigo Antoine Schayes introduciuno na arqueoloxía, e é probable que este influíse no ingreso de Piot nos Arquivos Xerais do Reino, o 7 de agosto de 1840, como empregado de segunda clase.Tihon, C. (1964). Páxinas 571-572.
Toda a traxectoria profesional de Charles Piot estivo vinculada aos Arquivos Xerais do Reino, en paralelo a un posto secundario na Biblioteca Real, que ocupou durante vinte e cinco anos.
Nos Arquivos ascendeu a empregado de primeira clase mediante un decreto do 30 de abril de 1847, e logo, sucesivamente, a xefe de sección o 21 de marzo de 1859 e a arquiveiro adxunto o 6 de xaneiro de 1870. A partir deste nomeamento dedicou a maior parte do seu tempo á publicación de textos e inventarios do Arquivo. Finalmente, foi nomeado Arquiveiro Xeral do Reino o 12 de xaneiro de 1886, en substitución de Louis-Prosper Gachard.Tihon, C. (1964). Páxina 572.
Charles Piot exerceu o cargo de Arquiveiro Xeral ata 1897. Ese ano foi informado de que os funcionarios dese departamento tiñan como límite a idade de 67 anos, o que o levou á dimisión o 18 de marzo dese ano, non só como Arquiveiro Xeral, senón tamén dos seus postos como membro das comisións de Monumentos, de Historia e da Biblioteca Real. A partir desta dimisión, foi cesado nas súas funcións por un decreto do 29 de marzo de 1897.
Desde moi novo, Piot amosou un particular interese pola numismática, un terreo no que realizou numerosas investigacións. Os seus coñecementos nesta disciplina levárono a se encargar da confección do catálogo do Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica, labor que se lle encomendou mediante unha orde ministerial do 17 de abril de 1846.Tihon, C. (1964). Páxinas 572-573. En 1851, a encarga aumentouse non só á catalogación dos fondos, senón que se ampliou á propia administración da colección numismática da Biblioteca, traballo no que foi confirmado mediante un decreto do 28 de febreiro de 1853, polo que foi nomeado "adscrito á Biblioteca Real para a conservación de moedas e medallas. A Biblioteca Real concedeulle despois o título de conservador adxunto honorario, o 3 de marzo de 1859, posto que ocupou ata 1870. Tihon, C. (1964). Páxina 573. miniatura|Comunicación da defunción de Charles Piot por parte da Real Academia Belga. Paralelamente ao seu traballo nos Arquivos Xerais do Reino e na Biblioteca Real, Piot desenvolveu unha notable carreira de estudos e de investigacións, principalmente en materia numismática. Entre 1841 e 1858, foi un dos principais colaboradores da Revue de numismatique belge, e o propio Goberno do país encargoulle a elaboración dun catálogo de cuños e matrices das moedas e medallas utilizados pola Casa da Moeda Real de Bélxica, que se publicou en 1861, cunha segunda edición, revisada e ampliada, en 1880.
A relevancia das súas publicacións valéronlle a Charles Piot a súa admisión na Real Academia de Bélxica o 10 de maio de 1875 como membro correspondente, e xa como académico de pleno dereito o 5 de maio de 1879. Do mesmo xeito, o 18 de maio de 1875 ingresou na Comisión Real de Historia, e pasou a membro de pleno dereito tres anos despois. No seu destas dúas institucións, Piot publicou boa parte dos seus traballos, ben como monografías ou ben en forma de artigos nos seus boletíns e xornais científicos.Tihon, C. (1964). Páxina 574.
Outros dos postos que ocupou ao longo da súa traxectoria foron os de membro da Comisión Real de Monumentos (1860), da Comisión Real de Antigas Leis e Ordenanzas (1886), da Comisión Real de Comercio (1887), do consello de administración da Biblioteca Real (1889) e do Comité da Sección de Arte Monumental dos Museos Reais (1891).Cuvelier, J. (1921). Páxina 184.
A súa figura foi recoñecida co nomeamento como oficial da Orde de Leopoldo en 1885, e como comendador con motivo da súa xubilación, o 29 de marzo de 1897. Tamén foi nomeado cabaleiro da Orde da Cadea (Luxemburgo) e da Orde de Francisco Xosé (Austria), e comendador da Orde de Isabel a Católica (España).Cuvelier, J. (1921). Páxinas 184-185.
Vida persoal miniatura|Nota necrolóxica emitida pola súa familia, co gallo do falecemento de Charles Piot. Piot casou en Lovaina, o 21 de abril de 1842, con Catherine-Ermelinde Wattecamps.Cuvelier, J. (1921). Páxina 166.
Charles Piot finou en Saint Gilles o 28 de maio de 1899, aos 86 anos.
Publicacións A obra de Piot en forma de artigos e contribucións en obras colectivas é moi abundante. Amósase aquí unha escolma dos seus traballos monográficos máis representativos, como autor e tamén como editor de textos de épocas anteriores:"Liste des ouvrages de Guillaume - Joseph - Carles Piot". En Annuaire de l'Académie royale de Belgique, LXXXVII, 1921 Páxinas 186-216.
Como autor
(1839). Histoire de Louvain, depuis son origine jusqu'aujourd'hui. Lovaina. (1843). Sur les relations diplomatiques de Charles Quint avec la Perse & la Turquie. Messeger des Sciences Historiques de Belgique, Gante. (1845). Notice sur les monnaies de Jeanne, Duchesse de Brabant (1383-1406). Van Dale, Bruxelas. (1847). Notice sur un dépot de monnaies découvert a Frand-Halleux. Académie Royale de Belgique, Bruxelas. (1848). Sceux des communes sur les monnaies des provinces méridionales des Pays-Bas et du Pays de Liége. Librairie Scientifique... Bruxelas. (1849). Godefroid de Bouillon portait-il les armoiries du Lothier? Devroye, Bruxelas. (1849). Monnaies frappées par la ville de Ruremonde. Librairie Scientifique... Bruxelas. (1860). Découverte de deux tombeaux francs a Marilles, province de Brabant. Devroye, Bruxelas. (1861). Catalogue du dépot des coins, poinçons et matrices de monnaies, médailles, jetons, sceaux, cachets et timbres. Heussner, Bruxelas. [2ª ed. Lesigne, Bruxelas]. (1870). Les limites et les subdivisions de l¡ancien diocèse de Tournai. Vandecasteele-Werbrouck, Bruxas. (1874). Les pagi de la Belgique et leurs subdivisions pendant le moyen âge. Hayez, Bruxelas. (1874). Le règne de Marie-Thérèse dans les Pays-Bas autrichiens. Fonteyn, Lovaina. (1877). Notice historique et généalogique de la maison de Straten. Bruylant-Christophe, Bruxelas. (1877). Les Beers de Flandre. Aimé de Zuttere, Bruxas. (1879). Inventaires divers. Commision Royale d'Histoire, Bruxelas. (1879). Chroniques de Brabant et de Flandre. Académie Royale de Belgique. (1883). Rapport à le ministre de l'intérieur sur les tableaux enlevés à la Belgique en 1794 et restitués en 1815. E, Guyot, Bruxelas. (1890). Inventaire des chartes des comtes de Namur. Hayez, Bruxelas. (1892). Notice sur Pierre-Jacques-François de Decker. Académie Royale des Sciences..., Bruxelas.
Como editor
(1870-1875). Cartulaire de l'abbaye de Saint-Trond. Tomo I (1870); Tomo II (1874). Hayez, Bruxelas. (1879). Chroniques de Brabant et de Flandre. Hayez, Bruxelas. (1880-1896). Correspondance du Cardinal de Granvelle. Vol. I (1877); Vol. II (1880); Vol. III (1881); Vol. IV (1884); Vol. V (1886); Vol. VI (1887); Vol. VII (1889); Vol. VIII. (1890); Vol. IX (1892); Vol. X (1893); Vol. XI (1894); Vol. XII (1896). Académie Royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts. Bruxelas. (1881). Cartulaire de l'abbaye d'Eenaeme. Bruxas. (1881-1882). Collection des voyages des Souverains des Pays-Bas. Vol. I (1876); Vol. II (1874); Vol. III (1881); Vol. IV (1882). Commision Royale d'Histoire, Bruxelas. (1886-1891). Histoire des troubles des Pays-Bas. Vol. I (1886); Vol. II (1889); Vol. III (1891). Académie Royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts. Bruxelas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cuvelier, J. (1921). "Notice sur la vie et les travaux de Guillaume Joseph Charles Piot". En Annuaire de l'Académie royale de Belgique, LXXXVII. Páxinas 159-185. Cuvelier, J. (1934) "Charles Piot". En La Commission royale d'Histoire, 1834-1934. Bruxelas. Páxinas 203-211. Tihon, C. (1964). "Piot (Guillaume-Joseph-Charles)". En Biographie Nationale de Belgique. Vol. 32. Bruxelas. Páxinas 571-576.
Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados na provincia do Brabante Flamengo Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Arqueólogos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Arquiveiros Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Lovaina