Jacques César Émile Ellul, máis coñecido como Jacques Ellul, nado en Bordeos o 6 de xaneiro de 1912 e finado o 19 de maio de 1994, foi un filósofo, sociólogo, teólogo e anarquista cristián francés.

Traxectoria Educado nas universidades de Bordeos e París, foi profesor e membro relevante da comunidade protestante francesa. Escribiu varios libros contra a sociedade tecnolóxica, e algúns sobre a relación entre o cristianismo e a política, tal como Anarchie et Christianisme (1991) argumentando que o anarquismo e o cristianismo compartían os mesmos fins sociais .

É considerado, xunto aos seus amigos Iván Illich e Bernard Charbonneau, un dos pais das ideas sobre o post-desenvolvemento, do decrecemento e de simplicidade voluntaria; é dicir da ecoloxía política.

Ellul considera que vivimos nunha sociedade tecnolóxica, que denomina sistema técnico, cuxo modelo de racionalidade é a eficiencia. O ser humano está constituído por unha gran diversidade de dimensións (poética, simbólica, relixiosa, técnica etc.)/ etc.) pero, segundo o autor, a tecnolóxica desprazou a todas as demais para centrarse na potencia e na eficacia.Ante esta situación propón unha ética do non-poder, que se caracteriza por non colaborar co sistema técnico. O non-poder é o contrario da impotencia e caracterízase pola frase podo pero non quero.

Notas

Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Teólogos de Francia Categoría:Teólogos protestantes Categoría:Sociólogos de Francia Categoría:Pedagogos de Francia Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en 1912