Artai Gabiás Vilar, nado en San Cibrao das Viñas en 2001, é un político galego que, dende novembro de 2025, é Secretario Xeral de Galiza Nova.

Traxectoria Graduado en Ciencias Políticas. O 5 de novembro de 2022, a organización estudantil Erguer - Estudantes da Galiza celebrou a súa IV Asemblea Nacional e Artai Gavilanes foi elixido responsábel nacional de organización. Estivo no cargo até o 2 de novembro de 2024, cando foi substituído por Lucas Pardo.

Presentouse como candidato do BNG nas eleccións municipais en San Cibrao das Viñas de 2023 e como número 8 nas listas da agrupación nas eleccións europeas de 2024.

Foi elixido secretario xeral de Galiza Nova en 2025 na XVIII Asemblea Nacional, substituíndo a Marta Gómez Martín no cargo.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en San Cibrao das Viñas Categoría:Políticos do BNG Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova