A Universidad Libre Ucraína (en alemán: Ukrainische Freie Universität (UFU); en ucraíno: Український Вільний Університет -УВУ; en latín: Universitas Libera Ucrainensis) é unha institución universitaria privada ucraína creada no exilio. Foi fundada en Viena en 1921, e se trasladou a Praga ese mesmo ano e, dende 1945, ten a súa sede en Múnic. Desde 1978, a UFU é unha universidade con dereito a conceder doutoramentos e habilitacións.
Historia
Antes de 1945 A Universidade Libre Ucraína (ULU) fundouse en Viena o 17 de xaneiro de 1921. A iniciativa de establecer unha universidade ucraína fóra de Ucraína xurdiu dos propios profesores ucraínos, moitos dos cales xa impartiran clases en universidades dos imperios austrohúngaro ou ruso. Tamén participaron escritores, xornalistas e estudantes que estaban no exilio despois da Primeira Guerra Mundial e o colapso da República Popular Ucraína tamén contribuíron a esta iniciativa. Destacaron o adxectivo de "Libre" para indicar o seu carácter non estatal e manifestar a súa liberdade académica.
A Universidade contou co apoio activo da República Nacional de Ucraína Occidental, encabezada polo presidente Yevhen Petrushevishch. O creador da idea fundacional e primeiro reitor da universidade foi o erudito literario e lingüista Oleksandr Kolessa e a matrícula do primeiro curso foi moi escasa, 90 estudantes con 12 profesores e 3 conferenciantes, porque a maior parte da emigración ucraína estaba en Praga.
A finais do mesmo ano, 1921, dada a súa precariedade económica, a Universidade trasladouse a Praga, daquela capital de Checoslovaquia, contando co permiso do goberno checoslovaco, encabezado polo presidente Tomáš Masaryk, que proporcionaron a base legal e financeira e instalacións para manter a Universidade.
Neses anos, a universidade contaba con só dúas facultades: a Facultade de Filosofía e a Facultade de Dereito, Ciencias Sociais e Economía. O profesorado estaba formado por académicos destacados que foran desposuídos das súas cátedras e credenciais docentes na República Socialista Soviética de Ucraína. Entre eles había figuras coñecidas como Dmytro Antonovich, Leonid Biletsky, Johann Horbaczewski, Stanislav Dnistrayansky, Dmytro Doroshenko, Oleksandr Kolessa, Stepan Rudnytsky, Volodymyr Starosolsky, Stepan Smal-Stotsky, Andriy Yakovliv e Serhiy Shelukhin. No primeiro semestre, a matrícula pasou dos 90 estudantes orixianis a máis de 700 e os estudantes podían estudar tanto na ULU como na Universidade Carolina de Praga.
Durante a súa existencia en Praga, a universidade desenvolveu vibrantes actividades pedagóxicas, académicas, de investigación e editoriais que gañaron recoñecemento tanto dentro de Checoslovaquia como internacionalmente.
Despois de 1945 Ao remata-la Segunda Guerra Mundial, a ocupación de Praga polas tropas soviéticas levou a que a maior parte dos profesores foron levados á Unión Soviética e os bens da universidade clausurados ou incautados.
Daquela, algúns profesores e estudantes conseguiron escapar e conseguiron abandonar Praga e reasentarse en Baviera. Así, en Múnic, no outono de 1945, comezou a terceira etapa (despois de Viena e Praga) na historia da Universidade Libre de Ucraína.
Malia que o novo comezo en Múnic foi difícil debido á situación financeira, a UFU sempre recibiu apoio financeiro de diversas fontes. Así, en Múnic, a universidade recibiu subvencións da Santa Sé, a través da mediación do arcebispo Ivan Bučko (1891-1974), que presidía o consello de goberno da universidade, así como da UNRRA (Administración das Nacións Unidas para o Socorro e a Rehabilitación), unha axencia especializada das Nacións Unidas para o socorro e o benestar, que comezou o seu traballo en Alemaña a mediados de 1945. Con todo, o profesorado conxunto de ambos os dous departamentos aínda contaba con 80 profesores en 1947.
Tamén recibiu fondos de varias axencias gobernamentais alemás, como parte dun programa de financiamento deficitario do goberno federal a través do Ministerio do Interior e do Estado Libre de Baviera, e máis recentemente a través do Ministerio de Ciencia. Mentres o financiamento federal cesou a finais de 1996, o estado bávaro continuou proporcionando axuda financeira até 2004.
En 2013, as actividades da universidade estaban financiadas polos ingresos do seu propio fondo de capital, xestionado pola asociación Amigos da Universidade Libre de Ucraína, polas taxas de matrícula, as subvencións das fundacións da universidade nos Estados Unidos (Free University of Ukraine Foundation, Inc., con sede en Nova York) e no Canadá (Canadian Foundation for the Free University of Ukraine, con sede en Winnipeg) e as doazóns de emigrantes ucraínos e estranxeiros. O apoio financeiro activo da diáspora ucraína foi un factor crucial na continuidade da institución desde a súa fundación».
Validación dos títulos Foi recoñecida oficialmente polo goberno bávaro en 1950, co dereito a outorgar títulos académicos superiores, como másteres e doutoramentos e, nunha emenda separada á Lei de Educación Superior de Baviera do 28 de xuño de 1978 confirmóuselle, á UFU, o dereito adicional de ofrecer títulos de máster, doutoramento e doutoramento cualificado. E no ano 2000, se lle deu permiso para crear unha terceira facultade de Estudos Ucraínos.
O Ministerio de Educación de Ucraína recoñeceu os diplomas da Universidade Libre de Ucraína desde o 12 de novembro de 1992. «Os estudantes da UFU teñen a oportunidade de recibir unha bolsa da Fundación da Universidade Libre de Ucraína en Nova York».
Estudos actuais Actualmente, a universidad só admite a estudantes non alemáns con suficientes conocimientos de ucraíno e alemán, por unha matrícula de 600€ por semestre, os cidadáns alemáns son admitidos como estudantes visitantes. En 2007, matriculáronse 149 estudantes. O goberno estatal de Baviera apoia á UFU con 25.000€ anuais; anteriormente, o financiamento ascendía a aproximadamente 125.000€. Trala reunificación alemá, o goberno federal retirou a súa asignación.
A Universidade Libre de Ucraína estivo dirixida por Mariya Pryshlyak (ucraíno: Марія Пришляк) como reitora. Foi elixida por primeira vez para este cargo en 2015 e ocupouno dende 2016 até 2024. En 2025, a nova reitora é Larysa Didkovska.
A universidade divídese en tres departamentos:
Facultade de Ciencias Políticas e Económicas; a decana é Myroslava Antonovich. Administración de Empresas Historia da Arte Ciencias Políticas Dereito
Facultade de Estudos Ucraínos; a decana é Tamara Hundorova. Lingua e Literatura Ucraínas Estudos Ucraínos
Facultade de Filosofía; a decana é Larysa Didkovska. Estudos Históricos Relacións Internacionais Pedagoxía Filosofía Psicoloxía
A universidade tamén inclúe o Instituto de Economía Social e Mercado de Ucraína. A biblioteca, que comprende aproximadamente 35.000 volumes, está considerada a maior biblioteca ucraína especializada de Europa Occidental.
A universidade está situada actualmente en Múnic-Nymphenburg (Barellistraße 9a). De 1945 a 2008, estivo situada nunha antiga vila en Pienzenauerstraße 15.
Profesores e egresados destacados
Volodymyr Kubiyovych (1900–1985), etnógrafo, xeógrafo, editor da Enciclopedia de Ucrania.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Universidades privadas de Alemaña Categoría:Universidades de Ucraína Categoría:Múnic Categoría:Viena Categoría:Praga