Francisco León Vega, coñecido como Paco León, nado en Sevilla o 15 de outubro de 1906, foi un futbolista español, que xogaba de dianteiro. Destacou especialmente no Deportivo da Coruña, club do que é un dos máximos goleadores históricos, con 81 goles en só 92 partidos oficiais.
Traxectoria Nacido en Sevilla, xogou no Sparta e no San Román, clubs modestos da cidade andaluza, antes de ingresar en 1926 no Real Betis. Marcou os seus primeiros catro goles co Betis o 16 de xaneiro de 1927, nun partido do Campionato Rexional Sur ante o Español de Cádiz no campo do Patronato, que rematou en goleada por 10-0. Na súa segunda campaña no club verde e branco, conquistou o campionato rexional.
O 24 de marzo de 1929 debutou na Segunda División, nun encontro ante o Deportivo da Coruña no antigo campo de Riazor. Pechou a tempada inaugural da categoría de prata con 11 goles en 13 partidos, sendo o segundo máximo goleador do Grupo A, só por detrás de Guillermo Campanal. Xogou no Betis ata 1930, pechando o seu paso polo club con 29 goles en 36 partidos oficiais.
En 1930 fichou polo Deportivo da Coruña, tamén da Segunda División. Na súa primeira campaña no club galego, na que compartiu dianteira con xogadores como Chacho, Diz ou Hilario, anotou 14 goles e conquistou o Campionato de Galicia por diante do Celta de Vigo. Na seguinte tempada elevou a súa cifra de goles ata os 20 e foi titular na histórica eliminatoria da Copa da República contra o Madrid, na que o club branco caeu eliminado ante os coruñeses e onde formou dianteira xunto a Chacho, Diz, Pepe Torres e Triana.
A 1932/33 foi a súa mellor tempada a nivel individual, ao sumar 17 goles no campionato de Segunda División, 9 na Copa da República (incluídos 4 nun mesmo partido ante o Levante) e 10 no Campionato de Galicia, certame este último do que se proclamou campión e máximo goleador. Cun total de 36 goles, converteuse no xogador con máis tantos nunha mesma tempada na historia do club, superando os 25 de Ramón González na 1926/27, e a súa marca mantívose vixente durante 70 anos, ata que foi superada por Roy Makaay en 2003.
Deixou o Deportivo en 1934, pero volveu asinar ficha co club o 29 de agosto de 1935. O 15 de setembro de 1935 disputou o seu derradeiro partido co Deportivo, nun derbi ante o Celta de Vigo en Balaídos. A pesar de marcar un gol no primeiro minuto de partido, rematando de cabeza un centro de Guadix, acabou retirándose do partido por unha lesión nun pé que finalmente requiriu unha operación cirúrxica e que supuxo o fin da súa carreira como futbolista. Pechou o seu paso polo club cun total de 92 partidos oficiais e 81 goles, sendo no momento da súa retirada o segundo máximo goleador histórico do club, só por detrás de Ramón González.
Vida persoal En xaneiro de 1933 casou na igrexa de San Xurxo da Coruña con Pastora González Valiño, irmá do seu compañeiro no ataque do Deportivo da Coruña, Chacho. Foi ademais concuñado do futbolista e adestrador Eduardo Viso, pois as súas respectivas esposas eran irmás. En maio de 1933 naceu a súa primeira filla, Joaquina Consuelo Pastora León González, á que seguiron Consuelo e Francisco.
Palmarés Betis Campionato Rexional Sur (1): 1927/28.
Deportivo da Coruña Campionato de Galicia (2): 1930/31, 1932/33.
Estatísticas
ClubTempadaCategoríaLigaCopaC. RexionalTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesBetis1926/27Rexional Sur - -332+1+ - -1927/28Rexional Sur - -211+1+ - -1928/29Segunda131100?? - -1929/30Segunda41002+3+ - -Total club17125414133629Deportivo da Coruña1930/31Segunda149 2 17423141931/32Segunda1513 5 42322201932/33Segunda1717 6 99332361933/34Segunda301091013101935/36C. Gal-Ast00002121Total club4939141429219281Total carreira 66 51 19184334 128110 Notas
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1906 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña