Armando González López, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1955, é un médico, político, profesor, escritor e cantautor galego.
Ten usado os pseudónimos A. Forrobodó e Arpente.
Traxectoria
Medicina Licenciado en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela, especialización en Políticas Públicas e de Goberno na Universidade de Alcalá. Traballou na sección de Pneumoloxía no Hospital Provincial Santa María Madre de Ourense e despois na mesma área do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Foi director e profesor da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense do SERGAS - Universidade de Vigo.
Socio Fundador da Asociación Española de Endoscopia Respiratoria, Membro da Orde Civil de Sanidade coa categoría de Encomenda. Ten publicacións da súa especialidade médica en revistas como Archivos de Bronconeumología e palestras en diversos congresos médicos.
Político Foi deputado nas Cortes Xerais de España, na VIII Lexislatura, polo Partido Popular, exercendo de Portavoz Adxunto da Comisión de Regulamento do Congreso de Deputados e vogal doutras comisión. Foi delegado da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais en Ourense e director xeral do Maior e Persoas con discapacidade da Xunta de Galicia.
Actividade cultural Ten traballado de cantautor, letrista, fotógrafo, escritor e activista cultural. Residente en Cartelle, está moi vinculado á cidade de Ourense, á súa cultura e ao Liceo, en 2021 escribiu o primeiro himno do Liceo de Ourense que levou a música de José Luis Fernández Carnicero. Foi Membro fundador da Asociación de Artistas Plásticos de Ourense (1979). Participou na creación da Fundación Carlos Velo. Foi nomeado en 2022 Xuíz honorario do Couto Mixto. Colaborou con Miguel Mosquera no Proxecto Incendios (2017-2020), na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital en Artes (Ribeira 2022), na Fundación Laxeiro de Vigo e con José Manuel Lage Parente na Fundación do Museo do Médico Rural.
De 1973 a 1975 participou en concertos con cantautores de Voces Ceibes e do Movemento Popular da Canción Galega. Colaborou en moitas ocasións coa cantante portuguesa María do Ceo, para a que leva escritas ducias de cancións, colaborando en No bico un cantar (2008), Celme encantado (2010), Fado con outro acento (2011), Soños cumpridos (2014), Años después (2015), De Portugal a Galicia, Fado (2016), Cancións para nenas e nenos (2017), A fadista (2019) e Galicia nai (2022). Tamén con María do Ceo, crea a banda sonora das películas Años después de Laura Gardos, e Castelao, de chumbo a verba de Miguel López. Foi iniciador e defensor da idea “Fado minhoto” e “Fado do norte” e Colaborador habitual da Revista Nós, xente do redor.
Tamén traballou como entrevistador, produtor e director de contidos do programa “A maiores” da televisión Telemiño.
Obtivo o recoñecemento Tangaraño de Honra (2026)
É vicepresidente do Liceo de Ourense miniatura|Participantes na Lonxa de versos 2025 (Pontevedra): Carmen Quinteiro Moreno, João Pedro Azul, Charo Valcárcel, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Olga Santos, Armando González López, Elisabeth Oliveira (de esquerda a dereita)
Obra
Narrativa
Andrea (2022). Publicada co pseudónimo de A. Forrobodó. Autoedición. ISBN 979-8833941591. (novela en castelán) La Mansión. El Lobero Irlandés (2022). Publicada co pseudónimo de A. Forrobodó. Autoedición. ISBN 979-8831417685. (novela erótica en castelán) Layton (2022). Autoedición. ISBN 979-8836565244. Historia de ficción, romántica, con pinceladas sanitarias, rurais, sociais, históricas e filosóficas, na que se incorporan algúns personaxes reais e datos recollidos polo autor de fontes orais destes mesmos persoeiros. Pasos na azotea (2023). Andrómena senlleira. ISBN 9788412398588. A novela desenvólvese nunha esfera que abarca desde a novela negra ata un paseo gastronómico e unha historia romántica. Contos sen parche no ollo nin pata de pau (2023). Andrómena senlleira. Ilustracións de Daniel Ménez Veloso. ISBN 978-84-123985-4-0. Son 27 historias nas que os cativos deben ler entre liñas para aprender sobre cuestións sociais ás que poida que se enfronten nalgún momento da vida.
Investigación
A caixa do correo de Carlos Velo (2022). Editado pola Fundación Carlos Velo, co apoio da Deputación de Ourense, no que se recollen 133 cartas persoais do cineasta de Cartelle. Traballo da neta de Velo, Laura Gárdos, e Armando González.
Música-poesía
María do Ceo canta a Armando González / Escolma imposible e incorrecta (2020). Libro-2CD no que María do Ceo interpreta 38 poemas do autor, comezando polo "Himno á Ribeira Sacra". Na segunda parte do volume, incluú outras letras de cancións, entre as que se encontra un apartado con dez textos dedicados ao Couto Mixto, e tamén a autores que influíron na súa traxectoria con algunhas dedicatorias moi persoais.
Libros colectivos
Doble cero. Palabra e Imagen (1979). 31-XII-1999, 11:30 pm (1999). En galego, agora e sempre (2008). Colectânea de Poesía Luso-Galaica 2022 Caminhos da Poesía 2. Colectânea 2022 Literatura e Artes Abraço de Culturas. IV certamen SEPAR de relato breve sobre salud respiratoria, 2022. Poetas na Cociña III, 2022. Triloxía Pazos na Azotea 2023. O Carballo de Padroso (2023). Esperanza, Paz e Liberdade Coetánea luso Galaica 2023, en Elvas Portugal
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1955 Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Políticos do PP Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Cantautores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo