Os seres humanos, tamén chamados xenericamente humanos ou homes (Homo sapiens), son unha especie da orde dos primates e da familia dos homínidos. H. sapiens é o único representante vivente do xénero Homo e, ademais, só ten unha subespecie vivente, o H. s. sapiens. Diversas probas baseadas na comparación do ADN fan pensar que os humanos modernos se orixinaron en África hai arredor de 200 000 anos.Human Ancestors Hall: Homo Sapiens (consultado o 13 de outubro de 2006)
Os algoritmos xenéticos determinan unha diferenza dun 0,2% do material xenético entre os diferentes individuos desta especie, que ten como algunhas das características máis destacadas a súa intelixencia, o desenvolvemento da linguaxe e a cultura. Os humanos teñen un cerebro altamente desenvolvido, quen de realizar un tipo de razoamento abstracto, de consciencia e de emocións complexas. Esta capacidade mental, combinada cunha posición erecta do corpo que libera os brazos e as mans, dálle unha gran capacidade de manipular obxectos e utilizar ferramentas con máis efectividade que calquera outra especie da terra.
Como a maioría de primates, os humanos son sociais por natureza, pero tamén son quen de empregar sistemas de comunicación moi elaborados para facer posible a expresión e intercambio de ideas, así como a organización social. Crean estruturas complexas de convivencia, dende familias até nacións e estableceron unha enorme variedade de tradicións, rituais, éticas, valores, normas e leis que forman a base da sociedade humana. Tamén teñen unha predisposición destacada para a estética e a beleza, que provocou fenómenos como son a cultura, a arte, a literatura e a música.
Os seres humanos destacan polo seu desexo de entender o mundo que os rodea, sobre o cal inflúen e que queren comprender. Tamén intentan coñecer e controlar os fenómenos naturais, que tratan a través da ciencia, a filosofía, a mitoloxía e a relixión. Esta curiosidade natural permitiulle desenvolver ferramentas, e nun senso máis xeral, a tecnoloxía. Os humanos son a única especie coñecida capaz de acender lume, cocer os alimentos e vestirse; ademais, transmiten as súas habilidades e coñecementos ás seguintes xeracións a través da educación.
De xeito habitual emprégase o termo «home» para designar todos os humanos xenericamente, malia que no seu sentido máis específico, esta palabra se aplica ós individuos de sexo masculino. Así, o termo «homes» pódese aplicar tanto a tódolos individuos da especie como ós de sexo masculino, mentres que os de sexo feminino teñen a denominación exclusiva de «muller».En latín distínguese homo ('humano') e vir ('varón' ou 'home').
Nome científico Carl von Linné acuñou o nome científico dos humanos no ano 1758.Von Linné, C. (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (10a ed.). A descrición de Homo sapiens que achegou foi: Nosce te ipsum («Coñécete a ti mesmo»). Ó darlle o nome sapiens ('sabio' ou 'perceptivo'), Linné referíase ó carácter máis destacado dos humanos en comparanza cos outros animais, que é a súa capacidade mental.
Linné clasificou os humanos e os grandes primates nun grupo que chamou «antropomorfos», como subconxunto do grupo dos cuadrúpedes, xa que non viu ningún signo orgánico que lle permitise situar os humanos nun lugar privilexiado. Uns anos máis tarde, mo prefacio de Fauna Suecica, manifestou que clasificara o humano como cuadrúpede porque non era nin unha planta nin unha pedra, senón un animal, tanto polo seu tipo de vida como pola súa locomoción. Ademais, non fora quen de atopar ningunha característica que o diferenciase dun simio. A partir da décima edición de Systema Naturae cambiou os cuadrúpedes polos mamíferos. A primeira orde destes foi a dos primates, entre os cales situou os humanos. En 1758, definiu o Homo sapiens como especie diúrna que cambiaba pola educación e o clima.
Historia miniatura|esquerda|180px|O pensador de Rodin. esquerda|miniatura|O home de Vitruvio, de Leonardo. miniatura|300px|dereita|Árbore filoxenética. miniatura|300px|Mapa das primeiras migracións humanas segundo a xenética de poboacións baseadas na comparación do ADN mitocondrial. As unidades representan milleiros de anos até o presente (datos controvertidos).
Orixes
O estudo científico das orixes dos humanos abrangue a evolución do xénero Homo, pero tamén estuda outros homínidos como por exemplo o Australopithecus. Todos os humanos actuais pertencen á especie Homo sapiens e á única subespecie existente hoxe en día, H. s. sapiens. H. s. idaltu, ('home sabio máis antigo') é outra subespecie coñecida que xa se extinguiu.Human evolution: the fossil evidence in 3D, per Philip L. Walker i Edward H. Hagen, Departamento de Antropoloxía da Universidade de California en Santa Barbara, (consultado o 5 de abril de 2005. (en inglés)
O primeiro membro dos Catarrhini, a infraorde á cal pertence o H. s. sapiens, existiu durante o Rupeliano (Oligoceno), hai 34-28 millóns de anos. Os primeiros Catarrhini presentes no rexistro fósil son o Propliopithecus e o Aegyptopithecus, posibles devanceiros comúns dos hominoideos (incluíndo os humanos) e os cercopitécidos, chamados vulgarmente «monos do vello mundo».
O proceso de bipedización ten as súas orixes en certos primates de comezos do Mioceno, cando se atopan as primeiras especies bípedes, como o Oreopithecus bambolii. Porén, a anatomía dos pés desta especie era bastante diferente da doutros primates. O bipedismo era aparentemente unha característica común de Orrorin e o Ardipithecus. O proceso que conduciu ó bipedismo representaba unha vantaxe evolutiva porque permitía ter as mans libres para fabricar ferramentas sinxelas, porque os homínidos gastan moita menos enerxía camiñando a dúas patas que a catro e porque permite levar obxectos durante a marcha e ver máis lonxe.
Este proceso evolutivo foi influído por acontecementos por veces sutís pero moi importantes. Por exemplo, cando as selvas que cubrían o mundo a comezos do Cenozoico empezaron a retroceder e, por mor do crecemento demográfico, os hábitats quedaron superpoboados, os grupos de humanos e outros homínidos víronse forzados a percorrer distancias importantes para atopar novas fontes de alimento. Outro exemplo é a perda da capacidade de metabolizar certos nutrientes, como a vitamina C (a causa dunha mutación que impide os simios xerar esta vitamina por si sós). Esta perda foi compensada por unha mutación favorable que permitiu ó Homo sapiens unha metabolización óptima do amidón, ausente noutros primates, accedendo así a unha rápida e económica fonte de enerxía especialmente necesaria para o cerebro.
Segundo o rexistro fósil, os humanos de anatomía moderna apareceron en África hai aproximadamente 130 000 anos, aínda que os estudos de bioloxía molecular sinalan que o devanceiro común de todas as poboacións humanas modernas viviu hai uns 200 000 anos.Human Ancestors Hall: Homo Sapiens (consultado o 13 de outubro de 2006) (en inglés)
Os parentes vivos máis achegados a Homo sapiens son as dúas especies de chimpancés: o chimpancé común (Pan troglodytes) e o bonobo (Pan paniscus). A secuenciación completa do seu xenoma revelou que, despois de 6,5 millóns de anos de evolución independente, as diferenzas entre o chimpancé e o ser humano son só dez veces superiores ás que hai entre dúas persoas non relacionadas e dez veces menores da que hai entre ratas e ratos. A coincidencia suxerida entre as secuencias de ADN dos humanos e os chimpancés é de entre un 95% e un 99%.Frans de Waal: Bonobo. Berkeley: University of California Press, 1997. ISBN 0-520-20535-9 (en inglés)
Para reflectir o feito de que os humanos e os chimpancés comparten gran parte da súa herdanza xenética e que humanos e chimpancés son máis próximos entre eles que con calquera outra especie actual, propúxose incluílos nun mesmo taxon, mesmo con propostas que tiveron un certo eco nos medios de comunicación, como a de incluír os chimpancés dentro do xénero Homo, ou a de incluír os humanos no xénero Pan (chimpancés), de maneira que a especie humana se chamaría Pan sapiens, como propuxo o antropólogo e divulgador Jared Diamond.Welcome to the family (en inglés) A opción més aceptada pola comunidade científica foi a de formar a tribo dos homininis, que inclúe a humanos e chimpancés, pero non os gorilas, que son membros da tribo Gorillini.
Calcúlase que os humanos diverxeron dos chimpancés hai aproximadamente cinco millóns de anos e dos gorilas hai uns oito millóns de anos. Un cranio de homínido descuberto no Chad no ano 2001, descrito como Sahelanthropus tchadensis, foi datado polo paleontólogo Michel Brunet de hai sete millóns de anos, o cal podería indicar unha diverxencia anterior. Porén, o descubridor deste fósil, Alan Beanovas miniatura|300px|esquerda|A chegada da agricultura impulsou a fundación de asentamentos humanos estables.
Desenvolvemento da civilización
O punto de vista máis aceptado entre os antropólogos actuais é que o Homo sapiens xurdiu na sabana africana hai uns 200 000 anos como descendente do Homo erectus. Hai 40 000 anos estendeuse por Eurasia e Oceanía e, finalmente, chegou a América hai uns 14 500 anos.Wolman, David (2008). «Fossil Feces Is Earliest Evidence of N. America Humans » National Geographic (en inglés) Homo sapiens desprazou o Homo neanderthalensis e outras especies descendentes de Homo erectus, que habitara Eurasia hai uns dous millóns de anos. O dominio do Homo sapiens baseouse probablemente nun maior éxito reprodutivo e a súa superioridade á hora de competir polos recursos naturais. Malia a súa intelixencia, o actual Homo sapiens ten unha capacidade cranial menor que a do antigo home de Neandertal (H. neanderthalensis).
Anatomicamente, o ser humano cambiou pouco ó longo da historia, de maneira que a súa evolución é, basicamente, de tipo cultural. Hai uns 10 000 anos, a maioría de humanos eran cazadores e recolectores. Polo xeral, vivían en pequenos grupos nómades coñecidos como sociedades de bandes. A chegada da agricultura impulsou a revolución neolítica, producindo un excedente alimentario que posibilitou a creación de asentamentos permanentes, a domesticación de animais e o uso de ferramentas de metal. A agricultura tamén fomentou o comercio e a cooperación e, progresivamente, contribuíu a crear unha sociedade máis complexa.
Hai aproximadamente 6 000 anos, desenvolvéronse os primeiros protoestados en Mesopotamia, Exipto e o val do Indo. Creáronse as forzas militares para a protección, e burocracias gobernamentais para a administración. Os estados cooperaban ou competían polos recursos e, nalgúns casos, facían a guerra. Hai uns 2 000-3 000 anos, algúns estados, como Persia, a India, a China, Roma e Grecia, conseguiron crear os primeiros grandes imperios a través da conquista militar. No mesmo período, diversas relixións como o xudaísmo, orixinada en Oriente Medio e o hinduísmo do sueste de Asia, comezaron a estenderse entre os pobos.