miniatura|Teatro romano de Orange (Francia). miniatura|Teatro de monicreques. miniatura|Interior do Teatro Colón de Buenos Aires. O teatro é unha forma colaborativa de arte performativo que utiliza intérpretes en directo, normalmente actores ou actrices, para presentar a experiencia dun acontecemento real ou imaxinario ante un público en directo nun lugar específico, a miúdo un escenario. Os intérpretes poden comunicar esta experiencia ao público mediante combinacións de xestos, fala, cancións, música e danza. É a forma máis antiga de drama, aínda que o teatro en vivo uniuse ás formas modernas gravadas. Utilízanse elementos artísticos, como os decorados pintados, e técnicas escénicas, como a iluminación, para realzar a fisicalidade, a presenza e a inmediatez da experiencia. Os lugares, normalmente edificios, onde teñen lugar representacións con regularidade tamén se denominan "teatros", como derivado do grego antigo θέατρον (théatron, "un lugar para ver"), á súa vez de θεάομαι (theáomai, "ver", "mirar", "observar").

O teatro occidental moderno procede, en gran medida, do teatro da antiga Grecia, do que toma prestada a terminoloxía técnica, a clasificación en xéneros e moitos dos seus temas, personaxes comúns e elementos argumentais. O artista teatral Patrice Pavis define a teatralidade, o linguaxe teatral, a escritura escénica e a especificidade do teatro como expresións sinónimas que diferencian ao teatro das demais artes escénicas, a literatura e as artes en xeral.

Unha compañía teatral é unha organización que produce representacións teatrais, a diferenza dunha compañía de teatro (ou compañía de actores), que é un grupo de actores que traballan xuntos.

O teatro moderno inclúe representacións de obras e teatro musical. As formas artísticas do ballet e a ópera tamén son teatrilizadas e utilizan moitas convencións como a interpretación, o vestiario e a posta en escena que foron influentes no desenvolvemento do teatro musical.

Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").

O termo provén do grego theatron, nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o "lugar desde onde se mira". Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos.

En 1961, o Instituto Internacional do Teatro proclamou o día 27 de marzo como o Día Mundial do Teatro, conmemorando o día no que se inaugurou en París o festival Teatro das Nacións "Hoy celebramos el Día Mundial del Teatro", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 29.03.2019..

Historia

Existen varias teorías sobre a orixe do teatro. Segundo Oscar G. Brockett, ningunha delas pode ser comprobada, pois existen poucas evidencias e mais especulacións. Antropólogos de finais do século XIX e comezos do XX, elaboraron a hipótese de que este xurdiría a partir dos rituais primitivos. Outra hipótese sería o xurdimento a partir do relato de historias, ou se desenvolvería a partir de danzas, xogos ou imitacións. Os rituais na historia da humanidade comezan arredor dos 80 mil anos a. C.

A maioría dos estudos consideran que as orixes do teatro deben buscarse na evolución dos rituais máxicos relacionados coa caza, do mesmo xeito que as pinturas rupestres ou a recolección agrícola que, tras a introdución da música e a danza, se embocaron en auténticas cerimonias dramáticas onde se rendía culto aos deuses e expresábanse os principios espirituais da comunidade. Este carácter de manifestación sacra resulta un factor común á aparición do teatro en todas as civilizacións. Antigo Exipto O primeiro evento con diálogos rexistrado foi unha presentación anual de pezas sagradas no Antigo Exipto do mito de Osiris e Isis, contra o 2500 a. C., que conta a historia da morte e resurrección de Osiris e a coroación de Horus. O teatro comeza por medio de máscaras e dramatizacións con elas e acháronse testemuños de actores explicando que facían viaxes, polo que segundo os investigadores Driotton e Vandier é posible que existisen grupos de cómicos ambulantes desde o Imperio Medio.Acompañei ao meu amo nas súas xiras, sen fallar na declamación. Deille a réplica en todos os seus parlamentos. Se el era deus, eu era soberano. Se el mataba, eu resucitaba. Antiga Grecia miniatura|Teatro de Epidauro. miniatura|O teatro grego en Taormina, Sicilia A palabra "teatro" e o concepto de teatro, como algo independente da relixión, xurdiu na Grecia de Pisístrato (560-510 a.C.), tirano ateniense que estableceu unha dinámica de produción para a traxedia e que posibilitou o desenvolvemento das especificidades desa modalidade. As raíces do teatro da antiga Grecia están baseadas nos ritos órficos e nos festivais celebrados para Dioniso, onde levaban a cabo as escenificacións da vida dos deuses acompañadas de danzas e cantos (Ditirambos). Máis tarde comezaron as primeiras representacións xa propiamente dramáticas, executadas nas prazas dos pobos por compañías que incluían só un actor e un coro.

O teatro grego xorde tras a evolución das artes e cerimonias gregas como a festa da vendima (ofrecida a Dionisios) onde os mozos ían danzando e cantando cara ao templo do deus, a ofrecerlle as mellores vides. Despois un mozo que resaltase entre o grupo de mozos transformábase no corifeo ou mestre do coro, quen dirixía ao grupo. Co tempo apareceron os bardos e o rapsodos, que eran recitadores. A fins do século VI a.C., alcanzou extraordinaria celebridade o lendario poeta e intérprete Tespis, en cuxo honra a frase o carro de Tespis alude, aínda hoxe, ao conxunto do mundo do teatro.

No curso do século V a.C., durante a idade clásica de Grecia, establecéronse os modelos tradicionais da traxedia e a comedia, e os dramaturgos Esquilo e Sófocles engadiron respectivamente un segundo e terceiro actor á acción, o que deu a esta unha complexidade que facía necesaria a creación de maiores escenarios. Para iso erixíronse grandes teatros de pedra, entre os que cabe citar o aínda conservado de Epidauro no século V a.C., capaz de albergar unhas 12000 persoas, e o de Dioniso, en Atenas, no século IV a.C. miniatura|esquerda|Sófocles A súa construción realizábase mediante o aproveitamento das saias dun outeiro, onde se dispoñían en forma semicircular as bancadas que rodeaban a orquestra, espazo circular no que se efectuaba a maior parte da representación. Tras a orquestra levantábase unha edificación chamada skené, escena, destinada a que os actores cambiasen a súa vestimenta. Diante dela levantábase unha parede columnada, o proscenio, que podía soster superficies pintadas que evocaban o lugar da acción. Estes decorados, xunto coas túnicas e máscaras empregadas polos actores e máquinas, constituían todo o aparello escénico.

As representacións do teatro grego facíanse ao aire libre, contaba cun coro (dirixido polo Corifeo ou mestre do coro) que cantaba no coro e danzaba ao redor dun altar. No teatro grego representábanse dous tipos de obras: a traxedia, obra dramática de final desgraciado que trataba de temas de lendas heroicas e utilizaba, oportunamente, aos deuses para o seu final; e a comedia satírica, que criticaba humorísticamente a políticos e ás obras e incorrían nunha mímica iniciada por un coro de sátiros, e comedias que tiñan por tema asuntos da vida cotiá; todas estaban escritas en verso e utilizaban máscaras.

Roma Os teatros romanos herdaron os trazos fundamentais dos gregos, aínda que introduciron certos elementos distintivos. Construídos inicialmente en madeira, só no ano 52a.C. Pompeio, erixiu en Roma o primeiro en pedra. A diferenza dos seus modelos helénicos, levantaban sobre o chan plano e posuían varias plantas erixidas en cachotería. Con obxecto de mellorar a acústica, os arquitectos romanos reduciron a orquestra a un semicírculo, e os espectáculos presentábanse sobre unha plataforma, o pulpitum, levantada diante da antiga skene que constitúe a orixe dos modernos escenarios. A scaenae frons (fachada escénica) era unha fachada monumental de varios pisos, que servía de fondo de escenario. A bancada (cávea) divídese en 3 partes: Ima, media e suma, situándose a primeira na zona inferior onde sentaban os senadores e a clase dirixente; quedando asentados na superior as mulleres e os escravos e na media o pobo. O conxunto podía cubrirse cun velum. Roma optou tamén pola comedia, xa que estes tomaron o teatro como unha maneira de divertirse ou entreterse. Asia As formas teatrais orientais rexistráronse arredor do ano 1000, co drama sánscrito do antigo teatro hindú. O que se podería considerar como teatro chinés tamén data da mesma época, mentres que as formas teatrais xaponesas (kabuki, nô e kyogen) están rexistradas dende o século XVII. América Nas culturas americanas prehispánicas o teatro chegou a adquirir un notable desenvolvemento, particularmente entre os maias. Unha das obras máis representativas do teatro maia é o drama quiché Rabinal Achí. O teatro maia achábase parcialmente vinculado aos ciclos agrícolas e á épica dos seus eventos históricos, e entre os aztecas e incas, sociedades que en correspondencia coa súa estrutura teocrática deron ás súas actividades teatrais un matiz eminentemente guerreiro e relixioso. Os últimos xacementos apuntan que os espazos teatrais maias podían servir, ademais de para representar obras, para mostrar actos políticos teatralizados tales como negociacións, alianzas e humillación de cativos. Idade Media europea Tras séculos de misterioso esquecemento, a recuperación do teatro en Occidente tivo principal apoio no clero, que o empregou con fins relixiosos. Así, desde o século XI, foi habitual a representación nas igrexas de misterios e moralidades, cuxo obxectivo era presentar de forma sinxela a doutrina cristiá aos fieis. A fin de facilitar a comprensión, o latín cedeu paso paulatinamente ás linguas vernáculas, e nos séculos XIII e XIV, comezaron a representarse tanto as pezas relixiosas como as florecentes farsas profanas. Renacemento A eclosión do Renacemento en Italia tivo consecuencias decisivas sobre a evolución do teatro, pois, ao xurdir unha produción dramática de carácter culto, inspirada nos modelos clásicos e destinada ás clases aristocráticas, xeneralizouse no transcurso do século XVI a construción de salas cubertas dotadas de maiores comodidades. Teatro en Italia Como primeiro dos teatros modernos adoita citarse o Olímpico de Vicenza, deseñado por Andrea Palladio e finalizado en 1585, que constituía unha versión dos modelos romanos e presentaba, ao fondo do escenario, unha perspectiva tridimensional con vistas urbanas. O modelo clásico do teatro a italiana, vixente en moitos aspectos, foi con todo o teatro Farnese de Parma, erixido en 1618, cuxa estrutura incluía o escenario, enmarcado por un arco proscenio e separado do público por un pano, e unha platea en forma de ferradura rodeada por varios pisos de galerías. Durante este tempo desenvolveuse tamén en Italia unha forma de teatro popular, a comedia da arte, que coa súa énfase na liberdade de improvisación do actor deu un grande avance á técnica interpretativa. Inglaterra: o teatro isabelino

miniatura|William Shakespeare. Os teatros erixidos en Inglaterra durante o reinado de Isabel I de Inglaterra foron moi diferentes entre si. Esta época destaca polo excepcional esplendor do xénero dramático, entre os que se destacou o londiniense The Globe onde presentaba as súas obras William Shakespeare. Carentes de teito e construídos de madeira, o seu trazo máis característico era o escenario elevado rectangular, en torno ao cal o público rodeaba aos actores por tres lados, mentres as galerías reservábanse para a nobreza. España: os currais de comedias