Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno.
A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock.
A contorna das historias consiste nun Imperio Galáctico en descomposición. Nel, o matemático Hari Seldon desenvolve a teoría da psicohistoria, nova e eficaz socioloxía totalmente matematizada. Coas súas leis estatísticas de seguimento e control de masas, Seldon prevé a inminente caída do Imperio, estendido por toda a Vía Láctea, e en consecuencia, 30 000 anos escuros antes do xurdimento dun segundo imperio. A inercia da caída do Imperio é grande de máis como para poder detela, mais Seldon idea un plan polo que "a masa de eventos que chega debe desviarse só un pouco" para limitar os anos escuros a só mil. Para levar a cabo o seu plan, Seldon crea as Fundacións, dous grupos de científicos e enxeñeiros establecidos en extremos opostos da galaxia, para conservar o espírito da ciencia e a civilización, e así converterse nas bases do novo imperio galáctico.
Unha característica clave da teoría de Seldon, que ten influído na ciencia social do mundo real, é o principio de incerteza en socioloxía: se unha poboación ten coñecemento do seu comportamento previsto, as súas accións colectivas autoconscientes vólvense imprevisibles.
Novelas A saga resúmese no seguinte cadro:
SerieTítuloAnoISBN (obra orixinal)PrecuelasPrelude to Foundation19880-553-27839-8Forward the Foundation19930-553-40488-1Triloxía orixinalFoundation19510-553-29335-4Foundation and Empire19520-553-29337-0Second Foundation19530-553-29336-2Novelas posterioresFoundation's Edge19820-553-29338-9Foundation and Earth19860-553-58757-9 A comezos de 2023, non tiñan tradución ó galego.
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Isaac Asimov