O termo Terra pode facer referencia:

Á Terra, un planeta que xira sobre si mesmo e arredor do Sol, no que vive o ser humano; Á terra, a materia sólida composta de partículas minerais e orgánicas; Terra, na mitoloxía romana, a deusa da Terra; Á codia terrestre, o material citado antes, cando constitúe a capa da terra onde medran as plantas; Ás terras emerxidas, a superficie do planeta Terra non cuberta polo mar; Á terra de cultivo, a parte da superficie que se cultiva e se considera como obxecto de propiedade; Ao lugar, país, cidade ou nación onde nace unha persoa ou co que ten unha forte relación; A Asociación Cultural Terra, de Buenos Aires; Terra Networks, portal de Internet; Ao satélite artificial Terra.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, comarca da provincia de Pontevedra; Comarca da Terra Chá, comarca da provincia de Lugo; Comarca da Terra de Caldelas, comarca da provincia de Ourense; Comarca da Terra de Celanova, comarca da provincia de Ourense; Comarca da Terra de Melide, comarca da provincia da Coruña; Comarca da Terra de Soneira, comarca da provincia da Coruña; Comarca da Terra de Trives, comarca da provincia de Ourense; Comarca de Terra de Lemos, comarca da provincia de Lugo; Comarca de Fisterra, comarca da provincia da Coruña; Fisterra, concello de dita comarca; Fisterra, parroquia de dito concello; Fisterra, lugar de dita parroquia; Salvaterra de Miño, concello da comarca do Condado; Salvaterra, parroquia de dito concello; Salvaterra, lugar de dita parroquia; Terra Chá, parroquia do concello de Antas de Ulla; Terra da Pedra, lugar da parroquia de Raxó, no concello de Poio; Terra de Porto, lugar da parroquia do Grove, no concello do Grove; A Terra do Rei, lugar da parroquia de Couso, no concello de Gondomar; A Terrachá, lugar da parroquia de Entrimo, no concello de Entrimo; Terradas, lugar da parroquia de Grou, no concello de Lobios; O Terrado, lugar da parroquia de Acevedo do Río, no concello de Celanova; O Terrado, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Ramirás; A Terranova, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; Calcaterra, lugar da parroquia da Lama, no concello da Lama.

Fóra de Galiza

No Canadá Terra Nova, illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia canadense de Terra Nova e Labrador; Terra Nova e Labrador, provincia do Canadá.

Prensa A revista Terra, editada en Buenos Aires en 1923 e fundada por Ramiro Isla Couto; A revista Terra, editada en Santiago de Compostela en 1927; Terra! foi un periódico publicado en Redondela en 1933; A revista Terra, editada en Santiago de Compostela en 1975: A revista Terra, editada en Vigo e Pontevedra en 1983.

Véxase tamén Outros artigos