Marguerite Agniel, nada o 21 de xaneiro de 1891 e finada arredor de 1971, foi unha actriz e bailarina de Broadway, que se converteu nunha gurú da saúde e da beleza en Nova York a principios do século XX. É coñecida polo seu libro de 1931 The Art of the Body: Rhythmic Exercise for Health and Beauty, un dos primeiros en combinar ioga e nudismo.
Despois de aparecer en Vogue en 1926, escribiu para Physical Culture e outras revistas. Na década de 1930, publicou unha serie de libros, entre eles Body Sculpture and Your Figure, defendendo prácticas de saúde e beleza e ilustrados principalmente con fotografías dela mesma.
Agniel afirmou que a súa técnica de baile derivaba de Ruth St. Denis (que seguira a François Delsarte), mentres que o seu "atletismo estético" procedía principalmente do defensor da cultura física, Bernarr Macfadden. Describiu o sexólogo Havelock Ellis e o musicólogo Sigmund Spaeth como grandes influencias.
Traxectoria Marguerite Agniel foi unha dos seis fillos de George Agniel e Ada Lescher Flowers. O seu pai, que traballara como labrego en Indiana, morreu en 1893 cando ela era nena, deixando a súa nai criar soa os fillos. A familia Agniel era de ascendencia xudía francesa; a familia da súa nai era inglesa. Casou en Nova York o 21 de marzo de 1917.Married March 21, 1917, Manhattan New York, certificate no. 9261. Index to New York City Marriages, 1866–1937.
Agniel actuou en obras de Broadway, incluíndo The Amber Empress con música de Zoel Parenteau en 1916, e Pin Wheel de Raymond Hitchcock en 1922.
Agniel apareceu no número de Vogue do 15 de novembro de 1926, mostrando exercicios de adelgazamento en forma de estricamentos no chan, con posturas próximas ás asanas de ioga Salabhasana, Supta Virasana, Sarvangasana e Halasana. Escribiu para a revista Physical Culture en 1927 e 1928. Escribiu tamén un artigo titulado "The Mental Element in Our Physical Well-Being" para The Nudist, unha revista estadounidense, en 1938; mostraba mulleres espidas practicando ioga, acompañadas dun texto sobre a atención á respiración. A historiadora social Sarah Schrank comenta que tiña todo o sentido nesta etapa do desenvolvemento do ioga en América combinar o nudismo e o ioga, xa que "ambos eran exercicios de vida saudable; ambos eran contraculturais e bohemios; ambos destacaban o corpo; e ambos eran sensuais sen seren explicitamente eróticos".
Agniel foi representada nunha impresión fotográfica "elegante, aínda que agudamente irónica" pola fotógrafa canadense Margaret Watkins, titulada "Cabeza e man". Mostra a súa man sostendo unha cabeza dela mesma esculpida por Jo Davidson. Esta foi un dunha serie de retratos de Agniel de Watkins que Agniel utilizou en The Art of the Body.
Recepción O amigo de Agniel, o sexólogo Havelock Ellis, escribiu nunha carta a Louise Stevens Bryant en 1936 que os libros de Agniel estaban "cheos de fermosas ilustracións, case todas dela mesma. Ten unha arte marabillosa de posar, e son en gran parte espidos, aínda que ela xa non é nova". Devon Smither describe a Agniel como "unha gurú líder da saúde e da beleza", e The Art of the Body como "un manual de exercicios moralizadores" que ofrece unha mestura de exercicios, consellos sobre cosméticos e orientación espiritual.
As eruditas Mary O'Connor e Katherine Tweedie comentan que os retratos de Agniel de Watkins circulaban ás veces como "espidos" artísticas, ás veces como retratos e ás veces como exemplos dun "réxime de exercicio e modificación corporal". Escriben que, dado que Agniel optou por empregar estas fotografías dela mesma, preséntaas "non como a vítima pasiva dunha mirada masculina obxectivadora... senón como o medio para promulgar a súa propia visión do mundo e a súa propia pericia. Ela válese do seu corpo como imaxe do ideal e para beneficio comercial".
Obras 1931 The Art of the Body. Londres: Batsford. 1931 "Dancing Mothers and Dancing Daughters", Hygeia 9:344-348 1933 Body Sculpture. Nova York: E.H. & A.C. Friedrichs. 1936 Your Figure. Garden City, N.Y.: Doubleday, Doran & Company. ——— tamén publicado en 1936 como Creating Body Beauty, Nova York: Bernard Ackerman.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Ioga Categoría:Nudismo Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía