Mohamed Bouldini (en ), nado en Casablanca o 27 de novembro de 1995, é un futbolista marroquí que xoga como dianteiro Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Nacido en Casablanca, formouse como futbolista na canteira do Rachad Bernoussi e en 2015 fichou polo Raja CA, da Botola, máxima categoría do fútbol marroquí. Coas "Aguias Verdes" disputou 17 encontros, nos que marcou un gol e repartiu tres asistencias.

En xaneiro de 2018 foi traspasado ao Ittihad Tanger, da mesma categoría, por un prezo aproximado dun millón de dirhams. Disputou só 59 minutos co club tanxerino, repartidos en seis partidos, nos que repartiu dúas asistencias, contribuíndo ao título de liga. Con todo, ao remate da tempada o seu contrato foi rescindido.

En xullo de 2018 asinou coa UD Oliveirense da Segunda Liga de Portugal, onde militou dous anos. Nun inicio xogaba habitualmente saíndo dende o banco de suplentes, pero acabou facéndose coa titularidade na súa segunda campaña, pechando o seu paso por Oliveira de Azeméis con 35 partidos e 6 goles.

En agosto de 2020 fichou polo Académica de Coimbra da mesma liga. Titular indiscutible no equipo de Rui Borges, marcou 13 goles en liga, sendo o segundo máximo goleador do campionato, só por detrás do brasileiro Cassiano, do Vizela.

O seu bo facer en Coímbra posibilitou que o 18 de xuño de 2021 asinase un contrato de tres anos co Santa Clara, da Primeira Liga. Debutou nun partido da fase previa da Conference League diante do FC Shkupi macedonio no estadio de São Miguel de Ponta Delgada, e uns días despois xogou o seu primeiro encontro na máxima categoría do fútbol luso, contra o Tondela no João Cardoso. Con todo, apenas contou con minutos nos seguintes meses, polo que o 8 de xaneiro de 2022 saíu cedido ao CF Fuenlabrada da Segunda División española.

No equipo madrileño recuperou continuidade e bo xogo, disputando 17 encontros, todos como titular, e anotando 7 goles, pero foi insuficiente para salvar o equipo do descenso. O interese espertado en varios clubs, fixo que o Fuenlabrada exercese a opción de compra que mantiña sobre o xogador, pagando medio millón de euros coa intención de vendelo inmediatamente despois. Deste xeito, foi traspasado por uns 3 millóns ao Levante, da Segunda División.

Militou no club valenciano durante dúas campañas, disputando na primeira delas unha promoción de ascenso a Primeira. Disputou un total de 83 encontros oficiais e foi o máximo goleador do equipo en ambas campañas, con 8 goles en cada unha delas.

En agosto de 2024 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, tamén da Segunda División, á que viña de ascender na campaña anterior. Debutou co club galego na terceira xornada de liga, nun derbi ante o Racing de Ferrol en Riazor no que substituíu no segundo tempo a Barbero. Aínda que contou con bastantes minutos na primeira metade da competición, o seu escaso rendemento fixo que Barbero lle gañase o posto. Disputou un total de 20 partidos, 6 deles como titular, e marcou un só gol ante o Eldense.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Granada, no medio dunha operación pola que o Deportivo incorporou tamén cedido ao dianteiro Stoichkov. Lastrado por unha lesión de nocello, apenas tivo incidencia no rendemento do equipo, co que xogou só 261 minutos en liga e pouco máis de 100 na Copa do Rei.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División e fase previa da Conference League.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesRaja2015/16Botola12100--1212016/17Botola5000--502017/18Botola0000--00Total club1710000171Ittihad Tanger2017/18Botola6000--60Oliveirense2018/19Segunda Liga17300211942019/20Segunda Liga15210--162Total club3251021356Académica de Coimbra2020/21Segunda Liga291421--3115Santa Clara2021/22Primeira Liga901040140Fuenlabrada2021/22Segunda177----177Levante2022/23Segunda36840404482023/24Segunda 36 8 10-- 378Total club721650408116Deportivo da Coruña2024/25Segunda20100--2012025/26Segunda20----20Total club2210000221Granada2025/26Segunda14020--160Total carreira 218 44 11110 1 23946

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Casablanca Categoría:Futbolistas de Marrocos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Raja Casablanca Categoría:Xogadores do Académica de Coimbra Categoría:Xogadores do CD Santa Clara Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Granada CF