The Proud Boys ou simplemente Proud Boys (en galego, rapaces arroutados) é unha organización estadounidense, militante, neofascista,HoSang (2019), p. 2 de extrema dereita, masculinaÁlvarez (2020), «The Proud Boys are a neo-fascist masculinist hate group.» (en galego: "Os Proud Boys son un grupo de odio masculinista neofascista") e ultranacionalistaKriner & Lewis (2021), p. 26 que promove e participa na violencia política. Os líderes do grupo foron condenados por se opoñeren violentamente ao Goberno dos Estados Unidos, incluso durante a transferencia de poder presidencial prescrita pola Constitución. Se autodenominaron "banda da rúa"Campbell (2020), p. 320 e foron incluídos na lista de grupos terroristas por Canadá e Nova Zelandia. Os Proud Boys son coñecidos pola súa oposición aos grupos progresistas e de esquerda e, sobre todo, polo seu apoio ao presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Aínda que a cúpula dos Proud Boys teñen negado seren unha organización supremacista branca,Kutner (2020), p. 21 e teren moitos membros non brancos, o grupo e algúns dos seus membros estiveron vinculados a eventos, ideoloxías e outros grupos supremacistas ó longo de toda a súa existencia.
O grupo orixinouse en Nova York en setembro de 2016, baixo o liderado do cofundador e excomentarista de Vice Media, Gavin McInnes, quen anunciou a creación do grupo na revista de extrema dereita Taki's Magazine, e que se definía como libertaria, cando o editor da revista era o nacionalista supremacista branco, Richard Spencer, tamén creador da expresión "alt-right" (que se pode traducir como "dereita alternativa"). O nome tomouno McInnes, como unha broma, do título da canción "Proud of Your Boy" do musical de 2011, de Disney, Aladdin.
Aínda que os Proud Boys xurdiron inicialmente como parte da dereita alternativa,Kriner &Lewis (2021) McInnes distanciouse dese movemento a comezos de 2017, dicindo que os Proud Boys eran alt-lite, mentres que a dereita alternativa estaba centrada na raza. Durante o debate presidencial de setembro de 2020, Donald Trump pronunciou un comentario, "Proud Boys, retrocedede e esperade", que foi seguido dun forte incremento na afiliación ao grupo. No entanto, cando posteriormente ese comentario provocou protestas polo aparente respaldo ao grupo, Trump desmarcouse do grupo e do comentario anterior, afirmando que fora malinterpretado e que non "coñecía moitos" ao grupo.
Segundo o International Center for Counter-Terrorism, o grupo cre que a masculinidade tradicional e a cultura occidental están baixo asedio, utilizando o "chovinismo occidental" como eufemismo para a teoría da conspiración do xenocidio branco.Kutner (2020), pp. 4-5. Os membros participaron en eventos abertamente racistas e eventos centrados na violencia fascista, antiesquerda e antisocialista. O Southern Poverty Law Center (SPLC) caracterizou o grupo como un "club de loita a prol da dereita alternativa" e un grupo de odio que usa dispositivos retóricos para ocultar os seus motivos. A Anti-Defamation League (ADL; en galego, Liga Antidifamación) describiu aos Proud Boys como "extremistas conservadores" e "alt lite", "abertamente islamófobos e misóxinos", "transfóbicos e antiinmigración", "demasiado dispostos a abrazar a racistas, antisemitas e intolerantes de toda caste", e sinala a promoción e uso da violencia do grupo como táctica central.
O grupo foi prohibido en numerosas redes sociais, incluíndo Facebook, Instagram, Twitter,Kriner & Lewis (2021), p. 29 e YouTube. En febreiro de 2021, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos anunciou a acusación de membros por conspiración relacionada co ataque ao Capitolio dos Estados Unidos de 2021, e o brazo canadense do grupo disolveuse tras ser designado como organización terrorista.
Xénero e sexualidade Ás mulleres e homes trans non se lles permite o ingreso pois é un grupo de homes biolóxicos, non necesariamente heterosexuais, e racialmente diverso, até o punto de afirmar que o vicepresidente do grupo de Os Ánxeles é "gai e xudeu". Porén, ten unha organización paralela feminina denominada "Proud Boys 'Girls".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:2016 Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Supremacismo branco Categoría:Organizacións terroristas no Canadá