Mandala é unha palabra do sánscrito (máṇḍala) que significa 'disco', 'círculo', ‘roda’ e representa a unidade, a harmonía e a infinitude do universo mediante o equilibrio dos elementos visuais.miniatura|Mandala tatuada con henna.|esquerda É tamén o termo que designa as diversas partes dos Vedas, en particular do Rig Veda, que se considera a súa expresión pero non a súa orixe, que sería anterior.

Forma e obxectivo A mandala está formada por unha estrutura de deseños concéntricos que representan a composición fractal ou repetitiva do universo e da natureza, xorden nas culturas orientais (hinduísmo, budismo…).

Teñen como obxectivo o cesamento do pensamento e da mente, aspirando alcanzar un estado meditativo. As mandalas están asociadas ao loto sagrado, que no hinduísmo simboliza a resurrección.

Notas

Véxase tamén

Arte chinesa Arte xaponesa Arte india Asanas Mudra Stupa

Categoría:Arte budista