Antonio Sánchez Uzal, nado en Mesía cara a 1908, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
Veciño de Olas. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Mesía na corporación presidida por Antonio Gómez Carneiro.Concelleiros da corporacións republicanas Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por rebelión na Coruña o 4 de setembro de 1937 xunto con José Sueiro López, Ramón Cabo Budiño, Jesús Sánchez Rodríguez, José Mirás, Manuel Pérez Tojo, José Pérez Cabo, José Díaz Vázquez, Antonio Sánchez Sánchez, Manuel Grobas Oliver, Antonio García Iglesias, Jesús Corral Ferrer, Manuel Mella Sánchez, José Vázquez Sánchez, Manuel Bermúdez Tizón, Constante Carro Bermúdez e José Bermúdez Fraga.El Ideal Gallego, 5-9-1937, p. 4. Foi condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.El Ideal Gallego, 6-4-1938, p. 2. Volveu ser detido en 1946 e xulgado por auxilio á rebelión na causa 366/46 xunto con Jesús e Manuel Candal Gómez, Bernardo Couto Candal, Celestino García N., Francisco Gómez Candoioso, Jesús Gómez Gómez, Elvira Liste Liñares, José Liste N., Manuel López Gómez, José Louro Barboa e Jesús Louro Raposo.
Vida persoal
Casou con Herminia Gómez Rodríguez e foi pai de María, Josefa, José, Vicente e Manuel Sánchez Gómez. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha identificativa da cruz pola morte de Antonio Sánchez Uzal. Mesía.
Categoría:Concelleiros de Mesía Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mesía Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en ano descoñecido