miniatura| Comerford Crown, ilustración do Dublin Penny Journal, Vol. 1, No. 9, 25 de agosto de 1832. A Coroa de Comerford, Comerford Crown ou Ikerrin Crown era un sombreiro de ouro atopado en Irlanda en 1692 que era propiedade da familia Comerford.
Histora e descrición O obxecto de cinco onzas foi descuberto por cortadores de turba a uns tres metros de profundidade no outeiro Devil's Bit, ao noroeste de Templemore, condado de Tipperary
O sombreiro foi adquirido por Joseph Comerford, quen pouco despois marchou a Anglure, Francia. O abade MacGeoghegan mencionou o artefacto na súa Histoire d'Irlande en 1758:
"Esta curiosa parte da antigüidade foi vendida a Joseph Comerford e debe ser conservada no Castelo de Anglure, onde el comprara a propiedade".
O sombreiro de ouro está hoxe perdido, e probabelmente foi fundido, Unha teoría di que se fundiu en Francia, onde a familia se exiliara, durante a Revolución francesa ou o reinado do Terror.miniatura|Casco de ouro de Leiro. Obxectos similares Existen semellanzas de forma e patróns con polo menos tres obxectos atopados no norte da Península Ibérica que se interpretan como sombreiros, entre eles o casco de ouro de Leiro en Galiza e as cuncas de ouro de Axtroki no País Vasco. Tamén se relacionan cos sombreiros de ouro (Goldhut) como o sombreiro de ouro de Schifferstadt.
Notas
Véxase tamén Idade de Bronce Idade do bronce atlántico Idade de Bronce en Galiza Cultura dos Campos de Urnas
Categoría:Arqueoloxía en Irlanda Categoría:Idade de Bronce