Medio dólar conmemorativode Stone Mountain "½ Dollar Stone Mountain Memorial". Numista.com"Stone Mountain Memorial Half Dollar". United States Mint.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 205.150x150px150x150pxA/: Os xenerais Robert E. Lee e Stonewall Jackson a cabalo. Lendas: IN GOD WE TRUST / STONE MOUNTAIN / 1925.R/: Unha aguia pousada nun penedo con estrelas ao fondo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / MEMORIAL TO THE VALOR OF THE SOLDIER OF THE SOUTH / LIBERTY / HALF DOLLAR Data: 1925. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia. Gravador: Gotzon Borglum. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 1.314.709 . Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar conmemorativo de Stone Mountain (en inglés: Stone Mountain Memorial half dollar) é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1925 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia, en conmemoración do proxecto escultórico iniciado en 1923 en Stone Mountain, Xeorxia.
O principal motivo da creación do medio dólar foi a recadación de fondos en nome da Stone Mountain Confederate Monumental Association para a construción do Stone Mountain Memorial, preto de Atlanta, en Xeorxia. Para deseño da moeda escolleuse o escultor Gutzon Borglum, que naquel momento se encargaba tamén dos traballos escultóricos do monumento. Borglum ideou para o anverso unha representación dos xenerais confederados Robert E. Lee e Stonewall Jackson, e para o reverso unha aguia pousada sobre un penedo, coa lenda "Monumento ao valor do soldado do Sur". Nun principio, a moeda estaba concibida para honrar tamén a figura do presidente Warren G. Harding, que acababa de falecer, mais finalmente optouse por non incluír mención ningunha á súa persoa.
Antecedentes e contexto
O motivo conmemorado miniatura|esquerda|290x290px|Stone Mountain ca. 1910, antes da construción do conxunto escultórico.Watson, T. L. (1910). Granites of the Southeastern Atlantic States. United States Geological Survey. Government Printing Office, Washington, 1910. Páxina 236.Os primeiros colonos de ascendencia europea habitaron as terras que rodean Stone Mountain, en Xeorxia, hoxe nos suburbios do leste de Atlanta, cara a 1790. Chamáronlle Rock Mountain ao grande afloramento, duns 3,2 quilómetros de lonxitude e 514 metros de altura. Foi o reverendo Adrel Sherwood, de Macon, Xeorxia, quen en 1825 lle deu o nome de Stone Mountain. En 1839 fundouse nas proximidades a cidade de New Gibraltar, cuxo nome sería cambiado polo de Stone Mountain pola Asemblea Lexislativa de Xeorxia en 1947. Desde aproximadamente a época da guerra civil estadounidense, a montaña utilizouse como canteira; esta actividade non cesaría de todo ata a década de 1970.LaMarre, T. (2002). Páxina 34.
En 1914, o editor John Tempreg Graves escribiu no xornal Atlanta Georgian e suxeriu o establecemento dun monumento ao xeneral confederado Robert E. Lee en Stone Mountain,LaMarre, T. (2002). Páxinas 34-35. e houbo outras persoas que pedían tamén alí o establecemento dun monumento confederado, entre elas Helen Plane (1829-1925), unha muller de Atlanta cuxo marido morrera na batalla de Antietam en 1862, que era a presidenta honoraria da organización de Xeorxia coñecida como Fillas Unidas da Confederación, promotora do proxecto de Stone Mountain.Freeman, D. B. (1997). Páxinas 56-57.
miniatura|267x267px|Gutzon Borglum, escultor de Stone Mountain e deseñador do medio dólar conmemorativo."[Gutzon Borglum, bust, profile]". Library of the Congress (LOC.gov).
Plane pediulle a Gutzon Borglum —un escultor nado en Idaho en 1867, fillo dun inmigrante mormón dinamarqués e formado en San Francisco e en París — que esculpise a imaxe do xeneral Lee na montaña.LaMarre, T. (2002). Páxinas 35-36. Borglum aceptou a encarga e propuxo unha escultura de 61 m de altura e 400 m de lonxitude, e debuxou os planos no seu estudio de Stamford, Connecticut.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 191-193. Imaxinou unha enorme representación do exército confederado, con artillaría e infantaría, así como 65 xenerais confederados, cinco nomeados polo gobernador de cada estado do Sur.LaMarre, T. (2002). Páxina 36. A inauguración oficial dos traballos tivo lugar en maio de 1916, mais estes tiveron que deterse ao pouco tempo, por mor da entrada dos Estados Unido na primeira guerra mundial en 1917.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 227.
En 1917 fundouse a Stone Mountain Confederate Monumental Association (en adiante, a Asociación) co fin de lle dar publicidade ao proxecto da escultura colosal en Stone Mountain e recadar fondos para a súa execución.Hyder, W. D.; Colbert, R. W. (1985). Páxina 2. Samuel H. Venable e a súa familia, propietarios dos terreos, accederon a cedelos para construír o monumento, coa condición de que se o proxecto non se completaba en 12 anos, o título revertería cara a eles.
Outra organización que se interesou pola obra de Stone Mountain foi o Ku Klux Klan, unha sociedade secreta supremacista branca á que estaban próximos tanto Gutzon Borglum como Helen Plane, e esta mesmo suxeriu que o conxunto escultórico incluíse no seu deseño un grupo de membros do Ku Klux Klan vestidos coas súas características túnicas.Freeman, D. B. (1997). Páxinas 61-62.
Os traballos da escultura retomáronse o 18 de xuño de 1923, cando Borglum comezou a esculpir a figura de Lee na aba da montaña, e planeou as do xeneral Stonewall Jackson e o presidente confederado Jefferson Davis a carón del. Borglum asinou un contrato para completar este grupo das tres figuras nun prazo de tres anos, cun custo de 250.000 dólares.
A idea da moeda conmemorativa miniatura|293x293px|Reed Smoot, impulsor da creación da moeda no Senado."Reed Smoot". Library of the Congress (LOC.gov).O traballo era custoso e, en novembro de 1923, a Asociación decidiu apostar por solicitar ao Goberno a creación dunha moeda conmemorativa do evento, que a Casa da Moeda dos Estados Unidos llas vendese á Asociación ao seu valor nominal e esta, pola súa vez, puidese comercializalas cun sobreprezo, como medio para recadar fondos para continuar co proxecto, do mesmo xeito que viña sucedendo con outros acontecementos nos anos anteriores. Houbo dous homes que se atribuíron a idea da creación da moeda; por unha banda Daniel W. Webb, secretario executivo da Asociación, dixo que se lle ocorrera logo de atopar na súa casa unha moeda de medio dólar do Centenario de Alabama; por outra, o xornalista Harry Stillwell Edwards fixo unha afirmación similar, e foi el quen acabou recibindo unha gratificación da Asociación.
O 16 de novembro de 1923, Edwards escribiu a Bascom Slemp, secretario do presidente Calvin Coolidge —o anterior presidente, Warren G. Harding, falecera había pouco— e organizouse unha reunión na que participarían o propio Edwards, o presidente Coolidge, o escultor Borglum e o presidente da Asociación, Hollins N. Randolph —avogado de Atlanta e descendente directo do primeiro presidente Thomas Jefferson—.Hyder, W. D.; Colbert, R. W. (1985). Páxina 3.Freeman, D. B. (1997). Páxinas 80-81. Nesa xuntanza, o presidente Coolidge amosouse partidario de apoiar a lexislación que autorizase a emisión da moeda conmemorativa de Stone Mountain. miniatura|285x285px|Louis Thomas McFadden defendeu a creación da moeda na Cámara de Representantes."Louis T. McFadden, 1876-1936". Library of the Congress (LOC.gov). Gutzon Borglum declarou máis tarde que a Asociación lle pediu que contactase con responsables políticos en Washington, dadas as súas boas relacións coa Administración republicana do presidente Coolidge.Freeman, D. B. (1997). Páxina 81. Daquela, Borglum escribiu ao poderoso senador republicano de Massachusetts, Henry Cabot Lodge, para lle solicitar que apoiase a lexislación para a creación da moeda conmemorativa de Stone Mountain e, ao parecer, o chamamento tivo éxito, xa que a finais de 1923 o presidente do Comité de Finanzas do Senado dos Estados Unidos, Reed Smoot, e o da Comisión de Banca e Moeda da Cámara de Representantes, Louis Thomas McFadden, presentaron o correspondente proxecto de lei nas súas respectivas cámaras. McFadden escribiu máis tarde que patrocinou este proxecto de lei pola súa amizade co escultor Borglum. Ante a ameaza dunha oposición territorial se a moeda proposta só honraba unicamente o Sur, os patrocinadores do proxecto de lei incluíron un texto polo que a nova moeda fose emitida tamén en memoria do recentemente falecido Harding —natural de Ohio—, durante cuxa presidencia se iniciara a segunda fase dos traballos de Stone Mountain, en 1923. O proxecto de lei foi aprobado por unanimidade na Cámara de Representantes o 6 de marzo de 1924, e no Senado cinco días despois; o presidente Coolidge asinouno o día 17 de marzo,Hyder, W. D.; Colbert, R. W. (1985). Páxinas 3-4.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 63. para o converter na Lei pública número 46 do 68º Congreso. Nun dos seus parágrafos, a lei reza así:"Stone Mountain Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).Flynn, K. (2008). Páxina 350.
Preparación e deseño miniatura|200x200px|Medalla de Stone Mountain (1924), deseñada por Gutzon Borglum."Stone Mountain Commemorative Half Dollar ". Stonemountainhalf.comBorglum estivo moi ocupado entre a aprobación da lei e finais de maio de 1924, traballando primeiro nunha medalla dedicada aos Fundadores de Stone Mountain e despois xa na moeda de medio dólar. A medalla, coñecida como Children's Founders Roll, estaba dirixida aos cativos de raza branca de ata 18 anos que contribuísen cun dólar á construción do monumento. O deseño dos anversos de ambas é moi semellante, aínda que con algunha clara diferenza na postura de Jackson, o que indica que Borglum aínda debía de estar afinando o deseño do monumento.Hyder, W. D.; Colbert, R. W. (1985). Páxina 4. De xeito diferente ao que ocorre na moeda emitida, os modelos da moeda presentados inicialmente por Borglum amosaban a parte dianteira do cabalo de Davis, aínda que non se ve o presidente confederado, e ao fondo albiscábase a figura dos soldados marchando a pé.Taxay, D. (1967). Páxinas 75-76.