Para outras moedas dun dólar dedicadas a Ulysses S. Grant, véxase Dólar presidencial
Dólar de ouroconmemorativo de Ulyses S. Grant "1 Dollar Grant Memorial". Numista.com"Grant Memorial Gold Dollar". United States Mint.110x110px110x110pxA/: Busto de Ulysses S. Grant cara á dereita. Marca de gravador (G). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / ULYSSES · S · GRANT / 1822 1922 / ONE DOLLARR/: Casa de nacemento de Grant. Lendas: IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM Data: 1922. Ceca: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Laura G. Fraser. Metal: ouro (900 milésimas). Tiraxe total: 10.016 exemplares. Diámetro: 15,00 mm. Peso: 1,67 g. Canto: estriado.
Medio dólar de prata conmemorativo de Ulyses S. Grant "½ Dollar Ulysses S. Grant". Numista.com"Grant Memorial Half Dollar". United States Mint.140x140px140x140pxA/: Busto de Ulysses S. Grant cara á dereita. Marca de gravador (G). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / ULYSSES · S · GRANT / 1822 1922 / ONE DOLLARR/: Casa de nacemento de Grant. Lendas: IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM Data: 1922. Ceca: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Laura G. Fraser. Aliaxe: prata (900 milésimas). Tiraxe total: 100.061 (delas refundíronse 28.400). Diámetro: 30,60 mm. Peso: 12,50 g. Canto: estriado.
As moedas conmemorativas de Ulysses S. Grant son unha serie numismática formada por unha moeda dun dólar de ouro e outra de medio dólar de prata emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñadas na Ceca de Filadelfia en 1922, para conmemorar o centenario do nacemento de Ulysses S. Grant, un destacado xeneral da Unión durante a guerra civil estadounidense e que posteriormente foi o 18º presidente dos Estados Unidos.
Ambas as moedas teñen un deseño idéntico, aínda que con diferente tamaño, e foron deseñadas pola escultora Laura Gardin Fraser.
A Asociación da Conmemoración do Aniversario de Ulysses S. Grant —coñecida máis comunmente como Comisión Grant— propúxose vender 200.000 moedas dun dólar de ouro para poder financiar así diversos proxectos no lugar de nacemento de Grant en Point Pleasant e na casa da súa infancia en Georgetown. O Congreso só autorizou 10.000 moedas de ouro, mais tamén deu autorización para un máximo de 250.000 moedas de medio dólar de prata. Coa esperanza de impulsar as vendas, a Comisión Grant pediu que 5.000 das moedas dun dólar de ouro portasen unha marca especial, unha estrela en relevo, e a casa da moeda non só aceptou senón que tamén o fixo nalgunhas moedas de medio dólar de prata, sen que ninguén o solicitase.
Finalmente vendéronse todos os dólares de ouro e a maioría dos medios dólares de prata, aínda que algúns destes últimos foron devoltos á casa da moeda para a súa refundición.
A moeda de medio dólar coa estrela tivo durante moito tempo un prezo máis elevado que a maioría das moedas conmemorativas, e esta rareza tamén foi motivo de falsificacións. O beneficio acadado pola Comisión pola venda destas moedas utilizouse para a conservación do lugar de nacemento de Grant, aínda que non se puideron completar outros proxectos que estaban tamén previstos.
Antecedentes
miniatura|244x244px|Fotografía de Grant como xeneral en xefe do exército da Unión (1865).The Photographic History of The Civil War in Ten Volumes: Volume Three, The Decisive Battles. The Review of Reviews Co., Nova York. 1911. Páxina 22. Hiram Ulysses Grant naceu en Point Pleasant, Ohio, o 27 de abril de 1822, e a súa familia trasladouse a Georgetown, no mesmo Estado, o ano seguinte.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 52. O seu pai conseguiu que o aceptasen na Academia Militar dos Estados Unidos en West Point, Nova York, en 1839, onde foi inscrito por un erro como Ulysses S. Grant, e el decidiu manter ese nome de por vida. Grant loitou na guerra mexicano-estadounidense. Renunciou ao exército en 1854 e logo intentou exercer diversos oficios civís con éxito desigual. Cando comezou a guerra civil estadounidense reincorporouse ao exército e, logo dunha serie de vitorias, o presidente Abraham Lincoln nomeouno xeneral en xefe dos exércitos da Unión a finais de 1863. En abril de 1865, Grant puxo fin á guerra ao capturar Richmond, en Virxinia, e pouco despois forzar a rendición do xeneral do exército confederado Robert E. Lee. En 1868, Grant foi elixido como o 18º presidente dos Estados Unidos, cargo que ocupou durante dúas lexislaturas.Flynn, K. (2008). Páxinas 93-94.
A Asociación da Conmemoración do Aniversario de Ulysses S. Grant constituíuse en 1921 para levar a cabo as celebracións no condado de Clermont, Ohio, onde se encontra Point Pleasant. A asociación propuxo a emisión dunha moeda conmemorativa para colaborar no financiamento destes actos.Bullowa, D. M. (1938). Páxina 50. Naquela época, as moedas conmemorativas non eran comercializadas polo Goberno, senón que o Congreso, na lei que autorizaba esas emisións, designaba tamén unha organización ou entidade á que se lle atribuía o dereito exclusivo de adquirilas ao seu valor nominal para despois vendelas cunha prima, e poder financiar así a celebración de exposicións e outros eventos de interese público.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. No caso das moedas conmemorativas do centenario do nacemento de Ulysses S. Grant, a entidade responsable da súa comercialización era a Comisión Grant, que estaba presidida por Hugh L. Nichols.Flynn, K. (2008). Páxina 94.
Lexislación miniatura|250x250px|O representante de Ohio Charles C. Kearns, impulsor da lei pola que se autorizaron as moedas conmemorativas de Ulysses S. Grant."Kearns, Charles C. Honorable". Library of the Congress. O 11 de maio de 1921, Charles C. Kearns, de Ohio, presentou na Cámara de Representantes un proxecto de lei para a creación dunha moeda dun dólar de ouro en memoria de Ulysses S. Grant, ao aproximarse a celebración do centenario do seu nacemento. Neste proxecto de lei solicitábase a cuñaxe de 200.000 destas moedas para axudar a financiar os edificios públicos na memoria de Grant en Georgetown e en Bethel, Ohio, así como a construción dunha estrada de oito quilómetros de lonxitude que se denominaría General Grant Memorial Highway e que uniría New Richmond con Point Pleasant. O proxecto de lei foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas."H.R. 6119". Congressional Record. Vol. 61. Part 2. 11 de maio de 1921. Páxina 1.342.
O 13 de agosto de 1921, o presidente desta comisión, Albert Henry Vestal, de Indiana, presentou un informe á cámara no que recomendaba que se aprobase o proxecto de lei, aínda que incluíndo unha serie de emendas, entre elas que a Comisión Grant se encargase dos custos dos preparativos da emisión. Sinalábase que Grant vivira tanto en Bethel como en Georgetown, e que daquela só existía unha estrada case intransitable entre New Richmond e Point Pleasant. O informe tamén dicía que a Comisión Grant se establecera en maio de 1921 e que estaba preparada para a adquisición de todas as moedas e para as revender a través dos centos de bancos de Ohio desexosos de colaborar no negocio. Os beneficios destinaríanse a pagar o custo das celebracións do centenario e á construción da estrada e, se fose posible, tamén á construción de edificios comunitarios.USHRCCWM (13 de agosto de 1921). Páxinas 1-2.
O proxecto de lei incluíuse no calendario de consentimento unánime da cámara o 17 de outubro de 1921. Logo de aprobarse as emendas da comisión, Richard W. Parker, de Nova Jersey, formulou unha serie de cuestións acerca de se o texto de lei implicaba que a Comisión Grant recibiría as moedas gratuitamente. Kearns respondeulle que se lle pagaría ao Goberno o valor nominal das moedas, e Thomas L. Blanton, de Texas, engadiu que o Goberno non cobraría prima ningunha, mais que a Comisión Grant si que podería facelo. Otis Wingo, de Arcansas, formulou tamén varias preguntas nun coloquio con Kearns, o que deu lugar a que a cámara fose informada de que, dado que as moedas de ouro se cuñarían a partir de metal xa dispoñible, e tendo en conta que o proxecto de lei obrigaba a Comisión Grant a pagar polos cuños utilizados na cuñaxe, non habería gastos ocasionados ao Goberno. Logo deste intercambio de intervencións, o proxecto de lei foi aprobado sen oposición.Congressional Record. Vol. 61. Part 6. 17 de outubro de 1921. Páxina 6.405.
Á súa chegada posterior ao Senado, o proxecto de lei foi remitido á Comisión de Banca e Moeda. Este órgano informou a través de George P. McLean o 23 de xaneiro 1922, propondo unha redución da cantidade de moedas dun dólar de ouro a 10.000 exemplares e autorizando tamén a cuñaxe de 250.000 moedas de medio dólar de prata.USSCBC. Report Nº 447: Grant memorial coin. 23 de xaneiro de 1922. O mesmo día, McLean presentou o proxecto de lei ante o Senado. Frank Willis, senador por Ohio, pronunciouse a favor; explicou que as moedas se utilizarían para recadar fondos por parte da Comisión Grant e significou a ausencia de gastos para o Goberno. Reed Smoot, de Utah, observou no informe que todo o proxecto —agás a fórmula de promulgación—, fora redactado de novo con respecto ao da Cámara de representantes, e cuestionou este feito. En resposta, Willis pediu que o presidente da Comisión Bancaria, McLean, o explicase. McLean dixo que o proxecto de lei previamente aprobado pola outra cámara esixía 200.000 moedas dun dólar de ouro e que a comisión consideraba improcedente mobilizar tal cantidade de ouro para unha moeda que non entraría en circulación. Esta explicación satisfixo a Smoot, logo do cal o presidente da sesión, o vicepresidente Calvin Coolidge, preguntou se había algunha obxección á toma en consideración do proxecto de lei. William H. King, de Utah, preguntou acerca de se a moeda podería sentar un mal precedente e se non suporía realmente ningún gasto, e Willis aseguroulle que a Comisión Grant correría con todos os gastos e que a proposta era similar a outros proxectos anteriores de emisión de moedas conmemorativas. Willis advertiu de que se King se opuxese ao proxecto de lei este se posporía ata o punto de frustrar o seu propósito. Atlee Pomerene, de Ohio, tomou a palabra para lle asegurar a King a importancia do proxecto de lei para Ohio e sinalou que a Comisión Grant estaba presidida por un antigo presidente do tribunal estatal, Nichols. Coolidge preguntou novamente se existía algunha obxección á toma en consideración do proxecto de lei e, ao non haber ningunha, o Senado modificou o proxecto de lei tal e como recomendara a comisión, e aprobouno sen obxeccións."Grant Souvenir Coins". Congressional Record. Vol. 62. Part 2. 23 de xaneiro de 1922. Páxinas 1.557-1.558.
Dado que ambas as cámaras aprobaran versións diferentes do proxecto de lei, este volveu á Cámara de Representantes, onde o 26 de xaneiro Vestal o someteu a consideración. Ao non haber obxección ningunha, esta cámara aceptou as emendas do Senado e aprobou o proxecto de lei."Coinage of a Grant Souvenir Gold Dollar". Congressional Record. Vol. 62. Part 2. 26 de xaneiro de 1922. Páxina 1.773. Coa sinatura do presidente Warren G. Harding o 2 de febreiro de 1922, o proxecto converteuse na Lei pública 67-137, pola que se crearon as moedas conmemorativas de Ulysses S. Grant."Ulysses S. Grant Commemorative Coin Legislation". United States Mint.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 88.
Preparación miniatura|276x276px|Hugh L. Nichols, presidente da Asociación da Conmemoración do Aniversario de Ulysses S. Grant."H.L. Nichols". Library of the Congress.