1 franco Sementadora (1960-2001) "1 franc Semeuse O.Roty, tranche striée, nickel". fr.numista.com"1 Franc (O. Roty)". Colnect.com260x260pxA/: A "sementadora". Marca de gravador no exergo: O. Roty. Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISER/: Valor facial e póla de oliveira debaixo. Data no exergo. Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ Período: 5ª República Francesa. Data: 1960-2001. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Oscar Roty. Tiraxe total: 1.976.728.000 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 6, 00 g. Espesor: 1,79 mm. Canto: estriado.
O franco Sementadora (en francés: franc Semeuse) é unha moeda con valor facial dun franco francés (franco novo) cuñada entre 1960 e 2001, cando foi substituída polo euro como unidade monetaria da República Francesa.
Caracterización Esta moeda retoma o mesmo deseño propio das moedas dun franco (franco vello) de finais do século XIX e principios do século XX, caracterizado pola figura da "Sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911), que chegou a se converter nun símbolo de Francia e que foi utilizado en varias moedas francesas, tanto do franco como do euro. miniatura|esquerda|170x170px|Deseño da "Sementadora" de Oscar Roty. A versión circulante do franco Sementadora foi cuñada en níquel pola Monnaie de Paris. Coñécense tamén algúns rarísimos exemplares de proba cuñados en ouro con data de 1959 que teñen a palabra ESSAI gravada en letras pequenas no campo do anverso, á esquerda da figura da sementadora."1 franc Semeuse Essai en or". fr.numista.com"1 Franc (O. Roty - Essai Gold)". Colnect.com
Ademais da emisión ordinaria para a circulación, entre 1960 e 1985 cuñáronse versións máis grosas e pesadas desta moeda, coñecidas na tradición numismática francesa como piédfort. O grosor destas pezas é de 3,6 milímetros e o seu peso é de 12 gramos, o dobre que a versión circulante. As súas tiraxes anuais están limitadas a entre os 40 e os 500 exemplares."1 franc Semeuse Piéfort nickel". fr.numista.com
Tiraxes DataExemplares1960406.375.0001961119.611.306196214.014.136196477.425.000196544.425.000196638.037.967196711.320.000196851.550.000196970.595.000197042.560.000DataExemplares197142.575.000197248.250.000197370.000.000197482.235.0001975101.685.0001976192.520.0001977230.085.0001978136.580.000197910.000198060.000DataExemplares198124.000198263.000198384.400198436.50019856.990.000198615.000198781.000198885.000198983.00019905.000DataExemplares199154.988.000199229.968.000199320.00019944.792.000199515.011199715.000199815.000199980.000.0002000100.000200120.125.000
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 2 francos Sementadora (1979-2001) Oscar Roty
Categoría:Moedas dun franco francés