1 franco de Gaulle "1 franc De Gaulle Nickel". fr.numista.com"1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic)". Colnect.comLauber W. (2013) . Páxinas 111-112 (foto na páxina 110).135x135px122x122pxA/: Cabeza de Charles de Gaulle cara á dereita. Marca de gravador: monograma ER. Lendas: CHARLES DE GAULLE / REBUBLIQUE FRANÇAISE (lendas separadas por senllas cruces de Lorena).R/: Valor facial dentro dun marco hexagonal. Data no exergo, flanqueada por marcas do director da ceca: golfiño e cornucopia. Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ / 1958 · 1988. Período: 5ª República Francesa. Data: 1988. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Émile Rousseau. Metal: níquel. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 6, 00 g. Espesor: 1,60 mm. Canto: estriado.
O franco de Gaulle é unha moeda con valor facial dun franco francés cuñada en 1988 na honra do expresidente da República Francesa Charles de Gaulle e emitida con motivo do trixésimo aniversario da proclamación da quinta República Francesa, en 1958.
O deseño e o gravado da moeda débeselle ao daquela gravador xeral de moedas de Francia, Émile Rousseau, e da súa produción encargouse a Monnaie de Paris.
Moeda circulante Existen dúas variantes desta moeda, á parte do seu modelo estándar.
Por unha banda, un reducido número de exemplares foron cuñados cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate. Nestas moedas incluíuse a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, no espazo entre o a parte inferior do marco e a data "1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Essai)". Colnect.com
Coñécense ademais algúns exemplares nos que non aparecen as marcas do golfiño e a cornucopia a ambos os lados da data, no exergo do reverso, característicos da emisión ordinaria. Descoñécese a cantidade de exemplares con esta variante que, pola súa rareza, é moi apreciada polos coleccionistas e ten unha cotización superior no mercado numismático."1 franc De Gaulle, sans différents". cgb.fr
Tiraxes Ano de emisiónTipoExemplares cuñados1988Proof - Essai1.850Estándar49.917.011Sen marcas?
Emisións especiais Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén dúas versións destinadas ao mercado do coleccionismo e do investimento: unha delas é a cuñada en ouro (920 milésimas, 23,85 mm, 9 g),"1 franc De Gaulle Or". fr.numista.com"1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Gold)". Colnect.com cunha tiraxe de 20.000 exemplares, e outra en prata de tamaño meirande (900 milésimas, 37 mm, 22,22 g), da que se cuñaron 60.000 exemplares."1 franc De Gaulle Argent". fr.numista.com"1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Silver)". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc ". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.
Outros artigos
Charles de Gaulle Monnaie de Paris Franco francés
Categoría:Moedas dun franco francés Categoría:Moedas conmemorativas