1 franco Primeira República (1992) "1 franc République Nickel". fr.numista.com"1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic)". Colnect.comLauber W. (2013) . Páxinas 113, 115 (foto na páxina 112).135x135px135x135pxA/: Busto drapeado da Liberdade cara á esquerda con barrete frixio. No exergo sinatura do gravador. Lendas: RÉPUBLIQUE FRAÇAISE R/: Valor facial dentro dunha coroa de pólas de oliveira. No exergo a data e marcas de ceca (caduceo e golfiño). Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ /1 FRANC / 1992 Período: 5ª República Francesa. Data: 1992. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: A. Dupé (A/) e P. J. Tiolier (R/). Tiraxe total: 30.001.883 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 6, 00 g. Espesor: 1,70 mm. Canto: estriado.

O franco Primeira República é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1992 en conmemoración do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa, en 1792.

Moeda circulante Tanto o anverso como do reverso desta moeda retoman dous deseños moi característicos de diversas moedas francesas da primeira República.

O anverso reproduce a mítica Marianne revolucionaria creada polo gravadior xeral de moedas de Francia Agustin Dupré (1748-1833) en 1795, inspirándose en Minerva, deusa da intelixencia e da sabedoría, co barrete frixio símbolo da liberdade. Este anverso foi utilizado en varias das primeiras moedas republicanas francesas a partir do ano 4 da Revolución (1795).

O reverso é un deseño de Pierre-Joseph Tiolier (1763-1819), tamén gravador xeral, que caracterizou unha gran cantidade de moedas francesas de todo o século XIX e mesmo de épocas posteriores.

Da produción do franco conmemorativo do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa encargouse a Monnaie de Paris.

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras verticais pequenas no anverso, á dereita do busto da Marianne."1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic- Essai)". Colnect.com

Tiraxes Ano de emisiónTipoExemplares cuñados1992Proof - Essai1.850Estándar30.000.033

Emisións especiais Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén outras tres versións desta moeda destinadas ao mercado do coleccionismo e do investimento: unha delas é a cuñada en platino (999 milésimas, 24 mm, 11 g), cunha tiraxe de 2.000 exemplares;"1 franc République Platine". fr.numista.com"1 Franc (200th Anniversary of French Republic - Platinum)". Colnect.com outra en ouro (920 milésimas, 24 mm, 9 g), cunha tiraxe de 5.000 exemplares;"1 franc République Or". fr.numista.com"1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic - Gold)". Colnect.com e unha terceira en prata de tamaño meirande (900 milésimas, 28 mm, 15,55 g), da que se cuñaron 40.000 exemplares."1 franc République Argent". fr.numista.com"1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic - Silver)". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc ". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.

Outros artigos

Primeira República Francesa Monnaie de Paris Franco francés

Categoría:Moedas dun franco francés Categoría:Moedas conmemorativas