Carmina Virgili Rodon, nada en Barcelona o 19 de xuño de 1927 e finada o 21 de novembro de 2014,Fallece Carmina Virgili, la primera mujer catedrática de la Universidad de Oviedo La Nueva España. 24 de novembro de 2014. foi unha xeóloga, científica e política española.

Traxectoria Considerada discípula de Lluis Solé i Sabarís, é doutora en Ciencias Naturais pola Universidade de Barcelona desde 1956. Especializouse en sedimentoloxía e estratigrafía do Triásico e Permiano. Foi profesora da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e investigadora do CSIC. En 1963 obtén a cátedra de Estratigrafía da Universidade de Oviedo -foi a primeira muller catedrática nesa universidade, e a terceira de España- e posteriormente a da Complutense de Madrid. Foi decana da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e foi membro fundador do Grupo Español de Sedimentoloxía e do Grupo Mesozoico. Realizou unha estancia como profesora asociada na Universidade de Estrasburgo (1974), foi vicepresidenta da Société Géologique de France e membro da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, do Consello Social do CIRIT e do Observatori de Bioètica i Dret. Foi a primeira muller en formar parte da Xunta Directiva da Sociedad Española de Mecánica de Rocas.

Foi secretaria de Estado de Universidades e Investigación no primeiro goberno presidido por Felipe González e tivo como xefe de gabinete a Alfredo Pérez Rubalcaba. En 1987 foi nomeada directora do Colexio de España de París, cargo que ocupou ata 1996. Nas eleccións xerais españolas de 1996 foi elixida senadora como candidata do PSC pola provincia de Barcelona .

Entre as distincións recibidas está a de oficial da Lexión de Honra (Francia). En 1995 recibiu a Creu de Sant Jordi, en 2011 a Medalla de Ouro da Universidade de Barcelona e en 2013 a Medalla de Honra da Universidade Complutense.Universidad de Barcelona «La geóloga Carmina Virgili, Medalla de Honor de la Universidad Complutense de Madrid». Noticias, 22 de xaneiro de 2013 (Consultado o 12 de decembro de 2014)

Obra El Triásico de los Catalánides. 856 páxs. Madrid (1958) El fin de los mitos geológicos, Lyell. Nivola Libros y Ediciones, SL 320 páxinas. Madrid (2003) ISBN 978-84-95599-44-5 La Geologia : dels mites a la Ciència (2004) sobre Charles Lyell

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3

Ligazóns externas

Carmina Virgili i Rodón un camnio hacia la democracia na páxina web Mujeres y geología Carmina Virgili i Rodón, geóloga no blog Mujeres con ciencia

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Científicos de España Categoría:Senadores de España polo PSOE