Faiza Al-Kharafi nada en 1946, é unha química e académica kuwaití. Dirixiu a Universidade de Kuwait de 1993 a 2002. En 2011 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia polo seu traballo sobre a corrosión.
Traxectoria Naceu nunha familia acomodada. Obtivo unha licenciatura en ciencias na Universidade Ain Shams do Cairo en 1967. Despois fixo un máster en 1972 e un doutoramento en 1975. Traballou no departamento de Química da Universidade de Kuwait de 1975 a 1981. En 1984 foi elixida presidenta deste departamento. De 1986 a 1989,foi decana da facultade de ciencias. O 5 de xullo de 1993, foi nomeada reitora polo emir Xabir al-Ahmad al-Xabir al-Saba, converténdoa na primeira muller de Oriente Medio en dirixir unha universidade. Foi a súa directora ata 2002.
A súa investigación versa sobre o impacto da corrosión nos sistemas de refrixeración dos motores, nas unidades de destilación de petróleo e nas salmoiras xeotérmicas a altas temperaturas. Tamén estudou o comportamento electroquímico de aluminio, cobre, platino, niobio, vanadio, cadmio, latón, cobalto e aceiro baixo carbono.Biografía sobre el website de Kuwait-PUSO Center for Natural Resources and the Environment Xunto co seu equipo de investigación, descubriu unha nova clase de catalizadores a base de molibdeno, un elemento químico que permite mellorar o índice de octano da gasolina sen producir benceno .Présentation des recherches de Faiza Al-Kharafi En 1998 formou parte do consello de administración da Universidade das Nacións Unidas e da Fundación Kuwait para o Avance das Ciencias.
Recoñecementos
2005: formou parte das 100 mulleres máis poderosas do mundo segundo a revista Forbes. Middle Eastern Women To Watch 2006: Premio Kuwait de Ciencias Aplicadas. 2011: Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia polo seu traballo sobre a corrosión, un problema de fundamental importancia para o tratamento da auga e para a industria petroleira.13.º Premio L'Oréal-UNESCO para las Mujeres y la Ciencia, 2011Vídeo de presentación de sus investigaciones en el marco del premio L'Oréal-Unesco para las mujeres y la ciencia 2011
Notas
Categoría:Científicos de Kuwait Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Kuwait