Marguerite Thomas Williams, nada en Washington D.C. o 24 de decembro de 1895 e finada en 1991, foi unha xeóloga estadounidense. Foi a primeira afroamericana en doutorarse en xeoloxía nos Estados Unidos.

Traxectoria Williams ensinou en Washington en 1895 en escolas primarias, durante sete anos; antes de gañar un grao na Universidade Howard en 1923. Williams foi discípula do biólogo afroamericano Ernest Everett Just. Traballou como profesora asistente de xeoloxía no Miner Teacher's (agora parte da Universidade do Distrito de Columbia) en Washington, D.C. entre 1923 e 1933. Recibiu unha licenza para cursar o seu máster en xeoloxía na Universidade de Columbia, que completou en 1930.

Tese En 1942, completou o seu doutoramento cunha tese na Universidade Católica. O título da súa tese foi A History of Erosion in the Anacostia Drainage Basin e foi publicada pola Catholic University of America Press. Na tese, Williams buscou explorar os factores que finalmente operan na erosión observada no río Anacostia. Concluíu que ademais da erosión natural, as actividades humanas, incluíndo a deforestación, a agricultura e a urbanización aceleraron o proceso.Williams, M.T. 1942. A History of Erosion in the Anacostia Drainage Basin. OP31248 University Microfilms International, The Taylor Family Digital Library

Carreira Williams pasou a maior parte da súa carreira ensinando cursos de xeoloxía e ciencias sociais. Ademais de ensinar no Miner Teacher's College (1923-1933), tamén ensinou na Universidade de Howard durante a década de 1940 e se retirou en 1955.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Marguerite Thomas Williams na páxina web Mujeres y Geología

Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade Howard Categoría:Xeólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1991