Riom é unha pequena cidade e comuna francesa situada na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes, departamento de Puy-de-Dôme.

É a subprefectura do seu distrito.

Ten a súa propia unidade urbana, que está integrada na área urbana de Clermont-Ferrand.

Foi durante séculos unha cidade rival de Clermont-Ferrand, a capital histórica e cultural da Auvernia.

Xeografía O municipio ocupa unha superficie de 31,97 km<small>2</small>. Segundo o censo de 2018 tiña unha poboación de 19 011 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 595 habitantes por km<small>2</small>.

A poboación da súa aglomeración urbana en 2018 era de 33 633 habitantes.

Demografía

Historia Até 1531, data da anexión da Auvernia pola coroa de Francia, Riom foi a capital do Ducado de Auvernia, un dos principados feudais de Auvernia. A cidade é de orixe galorromana, Ricomagus, mercado rico". No intenso feudalismo de Auvernia a partir do ano 1000, a cidade creceu arredor da colexiata de Saint-Amable, o santo local, que era obxecto de peregrinacións.

No século XIV, a cidade beneficiouse do patrocinio de Jean, duque de Berry, quen reconstruíu o palacio dos duques de Auvernia e a Sainte-Chapelle.

Baixo o Antigo Réxime, Riom converteuse na capital da xeneralidade homónima que inclúe unha parte importante de Auvernia.

En 1942 celebrouse o "xuízo de Riom", no que o réxime de Vichy acusou a varios políticos da Fronte Popular de seren os responsábeis da derrota ao impedir o rearme de Francia pola aplicación de reformas sociais. Foron secuestrados non moi lonxe, no castelo de Chazeron, á espera do seu xuízo. Tamén houbo un xuízo in absentia ao xeneral de Gaulle por opoñerse ao réxime de Vichy baixo a ocupación; naturalmente non sería encarcerado na Liberación.

Notas

INSEE Cassini

Véxase tamén

Bibliografía Édouard Everat (1923): Histoire abrégée de la ville de Riom. Reedición en 1989. Éditions André Bonne. ISBN 2-7019-0029-8.

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Puy-de-Dôme