Óscar Quispe Catacora, nado en Ácora o 18 de agosto de 1987, e finado en Conduriri o 26 de novembro de 2021, foi un director de cinema e guionista peruano.

Traxectoria Nado o 18 de agosto de 1987 na comunidade labrega de Huaychani, na localidade de Ácora na rexión Puno. En 2007, dirixiu e actuou na mediometraxe El sendero del chulo. Dous anos despois ingresou na Escola Profesional de Arte da Universidade Nacional del Altiplano (UNA) para especializarse en Teatro, mais finalmente abandonou a carreira para alistarse no exército peruano.

En 2011, comezou estudos de Ciencias da Comunicación Social na UNA co obxectivo de especializarse en produción audiovisual. Dous anos máis tarde, en 2013, escribiu e dirixiu La venganza del Súper Cholo (2013). Ese mesmo ano, Catacora gañou unha subvención de catrocentos mil soles outorgados polo Ministerio de Cultura do Perú no Concurso Nacional de Cinematografía para poder realizar o seu proxecto Wiñaypacha. O filme, que é a primeira longametraxe peruana rodada integramente en lingua aimará, foi a súa ópera prima e foi presentada polo Perú como candidata nacional aos premios Óscar na categoría do Óscar ó mellor filme internacional, aspirando tamén como candidata a mellor filme iberoamericano na 33ª edición dos premios Goya en España. Foi gañadora do premio a mellor longametraxe peruana de 2018 outorgado pola Asociación Peruana de Prensa Cinematográfica (APRECI).

En 2018, volveu obter fondos do Ministerio de Cultura para realizar a súa segunda longametraxe, un filme histórico sobre a rebelión indíxena que se produciu no sur do Perú en 1780 e cuxa presentación estaba prevista coa celebración del bicentenario do país.

Pasamento O 26 de novembro de 2021, a produtora Cine Aymara anunciou o pasamento de Catacora durante a gravación do filme Yana-Wara nas partes altas do distrito de Conduriri, na provincia de El Collao por mor dunha apendicite.

Filmografía El sendero del chulo (2007, 45 minutos, ficción), director e actor La venganza del Súper Cholo (2013, 72 minutos, ficción), guionista Aventura sangrienta (2017, 88 minutos, ficción), director de fotografía Wiñaypacha (2017, 88 minutos, ficción), director, guionista e director de fotografía Yana-Wara (2023, póstumo).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Directores de cinema do Perú Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados por apendicite