Pinus monticola é unha especie arbórea da familia das pináceas, e da súa única subfamilia pinoideas, unha das numerosísimas do xénero Pinus.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1832 por David Douglas ex D. Don.Pinus monticola Douglas ex D.Don no IPNI.

Etimoloxía Para o xénero ver Pinus.

O epíteto específico, monticola, en latín "dos montes", alude a que a especie é propia das rexións montañosas.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Pinus monticola Douglas ex D.Don no GBIF. Pinus grozelierii Carrière Pinus monticola Douglas Pinus monticola f. porphyrocarpa (A.MurrayBis) P.Landry Pinus monticola var. digitata Lemmon Pinus monticola var. minima Lemmon Pinus monticola var. porphyrocarpa (A.MurrayBis) Mast. Pinus porphyrocarpa A.Murray bis Pinus strobus subsp. monticola (Douglas ex D.Don) E.Murray Pinus strobus var. monticola (Douglas ex D.Don) Nutt. Strobus monticola (Douglas ex D.Don) Rydb.

Características Pinus monticola é unha grande árbore, que crece habitualmente até os 30-50 m de altura e, excepcionalmente, ató os 70 m. É un membro do grupo dos chamados piñeiros brancos (os do xénero Pinus, subxénero Strobus), e, como en todos os membros deste grupo, as follas (acículas) están reunidas en fascículos (ramos) de cinco, cunha vaíña caduca. As acículas están finamente serradas, e miden 5-13 cm de longo. Os conos ou estróbilos son longos e delgados, de 12-32 cm de longo e 3-4 cm de largo, abríndose a 5-8 cm de largo; as escamas son delgadas e flexíbeis. As sementes son pequenas, de 4-7 mm de longo, e teñen unha á delgada e longa, de 15-22 mm.

Está relacionado con Pinus strobus, do que se diferenza en que ten os conos máis grandes, con acículas que duran lixeramente máis (2–3 anos, contra os 1,5–2 anos) con bandas estomatais máis prominentes, e un hábito máis denso e estreito. As pólas nacen en acios regulares, producidos a razón de unha ao ano.

Usos Cultivase como unha árbore ornamental, pero foi talado amplamente en gran parte da súa área de distribución n pasado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chase, J. Smeaton (1911): "Pinus monticola (Silver-pine, Mountain-pine, Little sugar-pine, Western white-pine)". Cone-bearing Trees of the California Mountains. Eytel, Carl (illustrations). Chicago: A.C. McClurg & Co. pp. 40–42. Farjon, A. (2001): World Checklist and Bibliography of Conifers. 2nd edition. The Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 978-1-8424-6025-2.

Categoría:Pinus Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas descritas en 1832 Categoría:Plantas ornamentais