Red Joan é unha película británica de drama e espías, dirixida por Trevor Nunn, a partir dun guión de Lindsay Shapero. A película é protagonizada por Stephen Campbell Moore, Sophie Cookson, Tom Hughes, Ben Miles, Nina Sosanya, Tereza Srbova e Judi Dench.

Red Joan tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2018. Foi estreada o 19 de abril de 2019 por Lionsgate no Reino Unido.

Sinopse Red Joan baséase nunha novela do mesmo nome escrita por Jennie Rooney, inspirada na vida de Melita Norwood. Norwood traballou como secretaria na Asociación Británica de Investigación de Metais Non Ferrosos e forneceu á Unión Soviética segredos, cos cales os soviéticos desenvolveron tecnoloxía de bombas nucleares.

Joan Stanley é unha moza que estuda física na Universidade de Cambridge, pero que ao coñecer a Sonya (Tereza Srbova) e Leo (Tom Hughes) involúcrase coas ideas comunistas. A súa historia, que se remonta a 1938, lémbrase en flashbacks cando Joan na vellez é interrogada pola Special Branch.

Elenco

Judi Dench como Joan Stanley. Sophie Cookson como Joan Stanley de nova. Tom Hughes como Leo Galich. Tereza Srbova como Sonya. Stephen Campbell Moore como Max. Ben Miles como Nick. Laurence Spellman como Patrick Adams. Stephen Boxer como Peter Kierl. Freddie Gaminara como William Mitchell. Robin Soans como Clement Attlee. Kevin Fuller como o detective Philips. Simon Ludders como capitán da nave. Ciarán Owens como o detective Hughes. Irfan Shamji como xornalista. Adrian Wheeler como Heckler no Rally. Steven Hillman como garda da prisión. James Yeates como reporteiro. Connor Wolf como estudante. Phill Langhorne como oficial uniformado.

Produción A película é protagonizada por Judi Dench e Sophie Cookson, e é dirixida por Trevor Nunn. David Parfitt é o produtor, e o guión é de Lindsay Shapero.

Estrea A película tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Toronto o 7 de setembro de 2018. Pouco despois, IFC Films adquiriu os dereitos de distribución da película nos Estados Unidos. Foi estreada nos Estados Unidos e no Reino Unido o 19 de abril de 2019.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en 1938 Categoría:Filmes ambientados en 2000