Severo González Botana, finado en Noia en xaneiro de 1922,Diario de Pontevedra, 13-1-1922, p. 2. foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Dono dun comercio-ferretería en Noia. Foi o primeiro presidente da Juventud Republicana de Noia, fundada en 1893.Gaceta de Galicia, 17-3-1893, p. 1. Foi elixido concelleiro de Noia en 1904.Nova Galicia, 3-1-1904, p. 2. Foi nomeado alcalde de Noia en 1909. Dimitiu en decembro de 1910 a causa das revoltas polo imposto de consumos.Diario de Galicia, 31-12-1910, p. 2.

Vida persoal

Casou con Julia Riva Botana e foi pai de María del Carmen González Riva.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1922 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados no século XIX