Genaro Blanco Roo, nado en Noia cara a 1868 e finado no mesmo concello en febreiro de 1957,El Pueblo Gallego, 13-2-1957, p. 8. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Traballaba no Rexistro da Propiedade de Venancio Vidal Reino. Foi elixido concelleiro de Noia en 1905 e continuou nas sucesivas eleccións até 1923. Foi nomeado alcalde en 1914, cesando en 1916. Volveu ser alcalde en 1918, substituíndo a Arturo Pérez Neu, quen non chegou a posesionarse do cargo. Foi apoderado de Eduardo Gasset nos seus intereses mineiros. Presentou unha candidatura como Fuerzas Liberales ás eleccións do 14 de abril de 1931, que foi derrotada (3 concelleiros fronte a 16). Foi nomeado deputado provincial en 1933.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña
Categoría:Nados en Noia
Categoría:Nados en 1868
Categoría:Finados en 1957