Howard Duane Allman, nado en Nashville (Tennessee) o 20 de novembro de 1946 e finado en Macon (Xeorxia) 29 de outubro de 1971, foi un guitarrista de rock e músico de sesión estadounidense, fundador e líder de The Allman Brothers Band. A pesar de que só tivo unha curta carreira dentro do mainstream, o seu compañeiro Ted Nugent remarcou que Allman e "un dos máis grandes guitarristas brancos de blues da historia".
Traxectoria Comezou a tocar a guitarra ao 14 anos de idade. The Allman Brothers Band formouse en Jacksonville, Florida en 1969, e acadou o seu maior éxitos a comezos dos 70. Allman é lembrado sobre todo pola súa breve, aínda que moi influente, etapa na banda, e particularmente pola súa expresiva forma de tocar a slide guitar e as súas inventivas habilidades para a improvisación. Era xa un músico de sesión moi solicitado antes de formar a banda e tocou con artistas xa establecidos como King Curtis, Aretha Franklin, Herbie Mann, Wilson Pickett e Boz Scaggs. Tamén colaborou no álbum de 1970 Layla and Other Assorted Love Songs de Derek and the Dominos. Morreu tras un accidente de moto en 1971, cando tiña 24 anos.
Notas
Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1971