Dorothy Marie "Dottie" Metcalf-Lindenburger, nada en Colorado Springs, Colorado, o 2 de maio de 1975, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-131.

Traxectoria Metcalf-Lindenburger graduouse na facultade Whitman en 1997 e ten un certificado de ensino pola Universidade Central de Washington en 1999.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando na misión STS-131 e pasando un total de 15,12 días no espazo. Deixou a axencia o 13 de xullo de 2014.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-131

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Colorado