Sebahat Tuncel, nada en Yazıhan o 5 de xullo de 1975 é unha política kurda, activista polos dereitos das mulleres, anteriormente enfermeira e membro do Parlamento Turco. Traxectoria Cursou estudos de cartografía e topometría na Universidade de Mersin para máis tarde comezar a súa carreira política a través da sección de mulleres do Partido da Democracia dos Pobos (HADEP) en 1998. Na actualidade é covicepresidenta e deputada en Istanbul do Partido Sociedade Democrática (DTP), que ela mesma axudou a fundar. Traballou tamén en organizacións internacionais como a ONU, no seu programa de axuda ao desenvolvemento, UNDP, e Amnistía Internacional.The Relations Between the US, the Kurds, and Turkey, Sebahat Tuncel, Watson Institute, Brown University, Feb. 2008
Foi xulgada en 2006 pola súa pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), baixo a acusación de facer viaxes frecuentes ós campos do PKK no norte de Iraq e foi encarceada posteriormente. Concorreu ás eleccións xerais ao parlamento turco en 2007 dende a prisión e gañou un escano grazas a 93 000 votos,Row erupts over jailed Turkey MP, BBC, xullo de 2007. sendo posta en liberdade en xullo de 2007.The Kurdish Struggle in Turkey: An interview with Sebahat Tuncel, MP , Jake Hess, ZNet, xuño de 2008.
Foi a muller máis nova en ser membro do parlamento turco e a primeira persoa en ser elixida deputada dende a prisión en toda a historia de Turquía. O catro de outubro pasou a prisión provisional, sendo emprisionada con cargos en novembro de 2018.
Segundo a Oficina Legal internacional a fiscalía solicitaba 130 anos de prisión por delitos relacionados co terrorismo debido á súa pertenza ao legalizado Congreso Sociedad Democrática (DTK) e por 16 declaracións e discursos que realizou en reunións e roldas de prensa previos ás reunións do Partido Unidade Democrática (DBP).
O día un de decembro sumouse a Leyla Güven na súa folga de fame. Unha sentenza condeouna a 15 anos de prisión en febreiro de 2019 baixo os cargos de pertenza a organización terrorista e por facer propaganda terrorista.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Políticos de Turquía Categoría:Nados en 1975 Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Turquía Categoría:Feministas de Turquía