Julio Castelo Pérez, nado en Mariz (Guitiriz) en 1916 e finado en Lugo en 1984, foi un político galego.
Traxectoria Foi fillo do que era cura da parroquia de Mariz. Aos poucos meses de nacer, a súa nai refixo a vida casando e a raíz do matrimonio desentendeuse do neno, que foi criado por uns curmáns. De ideas comunistas, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nos montes da parroquia. Delatado xunto con outros fuxidos, foi xulgado na Coruña por traizón o 15 de novembro de 1936 e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 8 de febreiro do 1937 e participou na fuga do cárcere xunto a outros 800 reclusos. Capturado en Ollacarizqueta, reingresou na cadea o 28 de maio. Conseguiu a prisión atenuada en agosto do 1940. Volveu á súa terra onde formou unha familia. Morreu dun ataque o corazón no Hospital Xeral de Lugo en 1984.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Guitiriz Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes