O tratado de Meerssen foi asinado na localidade do mesmo nome o 8 de agosto do 870 entre Carlos o Calvo (rei da Francia Occidentalis, xermolo da actual Francia) e Lois o Xermánico (rei da Francia Orientalis; hoxe Holanda, Alemaña, Suíza e Austria) e consagrou a división de Lotarinxia o reino do sobriño de ámbolos dous, Lotario II.
Meerssen, hoxe, é unha cidade holandesa preto de Maastricht, e por mor da inexistencia de documentos orixinais, non se pode afirmar taxativamente que fose o lugar onde se asinou o tratado, nin tampouco a data exacta, pois tan só hai noticias do feito por fontes de tipo secundario que sinalan esa cidade e esa data.Annales de Saint-Bertin-Annales de Metz (869-893)
Contexto O tratado de Verdún , en 843, decidiu a repartición do Imperio Carolinxio entre os tres fillos de Lois o Piadoso. O máis vello, Lotario I, recibiu a Francia Oriental, que á súa vez dividiuse pouco antes da súa morte, en 855 (no Tratado de Prüm), entre os seus tres fillos Lois II (Reino de Italia e o título imperial), Lotario II (Lorena ou Lotarinxia) e Carlos da Provenza (Reino da Provenza ou Reino da Baixa Borgoña). Carlos da Provenza morreu en 863 e, ao non ter fillos, a súa parte foi repartida entre os seus dous irmáns Lotario II e Lois II.Donado & Echevarría (2014), p. 200
Na entrevista de Metz, en maio de 868, os seus tíos Carlos o Calvo e Lois o Xermánico, decidiron un plan para dividir a terra do ex emperador Lotario I, daquela en posesión dos seus fillos Lois II e Lotario II.Devisse (1975)
A repartición Á súa vez, Lotario II morreu no 869. Seu irmán Lois II, que debería herdar o seu reino, estaba ocupado loitando contra os musulmáns en Benevento e non puido acceder á súa herdanza. A situación, foi aproveitada polos seus dous tíos para apropiarse de Lotarinxia: por unha banda, Carlos o Calvo fíxose coroar rei da Lotarinxia en Metz, a capital de Lotario II, que provocou a ameaza de Lois o Xermánico dunha declaración de guerra. Para evitala, Carlos mais Lois chegaron ao acordo da repartición mediante o Tratado de Meerseen, no que se reparten a Lotarinxia e pasaron a ter fronteira común.
Fixouse o curso do Mosa e o seu afluente o río Ourthe como fronteira:
Carlos o Calvo adquire a rexión até o Mosa e as terras de Frisia, agás Utrecht (que posteriormente se convertirán no Ducado de Brabante e o Condado de Hainaut); así como as rexións ao longo do Ródano e o Saona; no sur, fíxose con gran parte de Borgoña, incluíndo Besançon (o resto do Varais pasou Lois), do Lyonnais, do Viennois, do Sermorens, do Vivarais, e do Uzège. É dicir, gran parte da propiedade de Carlos da Provenza, que recaera en Lotario II en 863. Aínda que cedeu Aix - la - Chapelle e Metz no norte, a posesión de Besançon e Grenoble abriulle o camiño cara a Italia. Lois o Xermánico, obtivo dous terzos de Frisia con Utrecht e Maastricht, as terras da beira dereita do Mosa o leste de Ourthe, e do Mosela con Metz, e ao longo do Rin (Aquisgrán, Sarre, Alsacia) e ao norte do Xura, restos da Alta Borgoña ou Borgoña Tranxurana.
A pesar das súas protestas e apoio do papa Hadrián II, Lois II non puido impedir que cos dous se repartisen a Lotarinxia e non conseguiu recuperar a súa herdanza cando morreu en 875.miniatura|Mapa do Tratado de Meerssen (870)|centro|300x300px Consecuencias O acordo non houbo durar máis de dez anos, pois ao morrer Lois o Xermánico no 876, o seu irmanastro Carlos o Calvo, invadiu tamén a Lotarinxia oriental máis aló do río Ourthe, pero foi derrotado preto de Andernach por un exército moito menor baixo o mando de Lois III o Mozo, herdeiro de Lois II o Xermánico.
De igual xeito, coa morte de Carlos o Calvo ao ano seguinte, o seu fillo e herdeiro Lois II de Francia, o Tatexo, foi atacado por Lois III de Alemaña que invaidiu a Lotarinxia occidental no 879. Como morrera tamén nese ano Lois II de Francia, seus fillos Lois III e Carlomán II víronse obrigados a asinar o Tratado de Ribemont no 880 polo que cederon a Lotarinxia occidental a Lois II o Xermánico que, deste xeito, consegue facerse con toda a Lotarinxia.
Durante a Idade Media, os límites occidentais de Lorarinxia marcaron a fronteira entre o Reino de Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico até a Idade Moderna, cando os mariscais de Henrique II e Lois XIV de Francia conquistaron o territorio da Alta Lotarinxia e Alsacia mediante guerras e demandas xurídicas producidas polas Cámaras de Reunión creadas polo Rei Sol.
Divisións sucesivas do Imperio Carolingio
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Imperio carolinxio Lista de monarcas de Francia Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano
Ligazóns externas
Anales de Saint Bertin - Anales de Metz (869-893) (en francés)
Categoría:870 Categoría:Carolinxios Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Imperio carolinxio Categoría:Historia de Francia do século IX