Lucia Travaini, nada en Roma o 3 de agosto de 1953, é unha numismática e arqueóloga italiana profesora de Numismática Medieval e Moderna na Universidade de Milán.Currículo Europass de Lucia Travaini. Università degli Studi di Milano."Lucia Travaini: Biografia". Mueso Nazionale Rai Radio 3."Lucia Travaini". En Numismatic Who's Who. Coins Weekly."Lucia Travaini". Dipartimento di Studi storici". Università degli Studi di Milano.
Traxectoria Logo de realizar os seus estudos de ensino secundario no instituto Terenzio Mamiani, de Roma,Travaini titulouse en arqueoloxía en 1976 na Universidade de Roma La Sapienza e asistiu tamén á Escola de Especialización en Arqueoloxía da Universidade de Nápoles, e logo traballou na Superintendencia Arqueolóxica do ministerio italiano de Bens Culturais e no gabinete de moedas e medallas do Museo Nacional Romano."Curriculum Vitae". Web persoal de trvaini.
En 1977 obtivo unha bolsa de estudos na Academia de Ciencias de Polonia, en Varsovia, Cracovia e Poznan, para afondar nos métodos de escavación e interpretación en arqueoloxía medieval.
Entre 1979 e 1981 aprendeu da man de Paul Balog, en Roma, a ler as inscricións árabes das moedas normandas de Sicilia, o que lle resultou unha experiencia fundamental para as súas futuras investigacións.
En 1983 tivo a oportunidade de estudar un achado de moeda siciliana depositado no Ashmolean Museum, de Oxford, onde tomou contacto con numismáticos británicos que mantivo durante toda a súa carreira investigadora. Particularmente salientable foi a súa participación no VIII Simposio sobre Moeda e Historia Monetaria, en Oxford, en 1985.
Entre 1992 e 1998, foi unha investigadora integrada no equipo de Philip Grierson no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, e con el participou moi activamente no desenvolvemento do proxecto Medieval European Coinage, particularmente na elaboración e na edición dun volume dedicado ás emisións medievais da Italia meridional, Sicilia e Sardeña."Mediaval European Coinage". The Fitzxilliam Museum. En relación coas súas investigacións sobre moeda italiana medieval colaborou tamén con outros numismáticos de prestixio como D. M. Metcalf, da Universidade de Oxford, ou Carlo M. Cipolla na Universidade Berkeley.
En 1998, regresou a Italia para ingresar como profesora asociada da cátedra de numismática medieval e mdoerna, no Departamento de Estudos Históricos da Universidade de Milán."Travaini Lucia". Università degli Studi di Milano.
A Travaini encomendóuselle a redacción de diversas entradas vinculadas coa numismática da Enciclopedia Treccani, como é o caso da do augustal de Frederico II.Entradas "zecca", "conio", "moneta" e "agustale" En Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti. Istituto Giovanni Treccani.
Entre outras asociacións e sociedades numismáticas, Travaini é membro da Royal Numismatic Society, de Londres, da Société Royale de Numismatique de Belgique, de Bruxelas, da Société Française de Numismatique, de París, da Società Numismatica Italiana, de Milán, e do Consello Internacional de Numismática, no marco do cal participou como membro do comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Messina en 2015."Associazioni". No sitio web de Travaini.
Recoñecementos Estes son os premios e recoñecementos outorgados a Lucia Travaini ao longo da súa carreira como investigadora numismática:"Riconoscimenti". No sitio web de Travaini.
1999: a Sociedade Francesa de Numismática concedeulle o Jeton de Vermeil."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique. 2002: recibiu o premio Albino Bazzi do Circolo Filatelico Numismatico Mantovano."Premio Albino Bazzi ". Circolo Filatelico Numismatico Mantovano 2004: o Círculo de Estudos Numismáticos de Bruxelas concedeulle o Premio Quinquenal de Numismática. 2005: recibiu o Óscar á Numismática do Circolo Filatelico Numismatico Reggiano. 2008: concedéuselle a medalla da Gunnar Holst Numismatic Foundation, de Suecia. 2010: concedéuselle o premio Mestres da Numismática do Circolo Numismatico Pugliese 2012: Travaini foi galardoada coa prestixiosa Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres, un dos maiores premios mundiais da numismática."The Society's Medal". The Royal Numismatic Society. 2014: outorgóuselle o Premio Duchalais da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de Francia, polo seu traballo Le zecche italiane fino all'Unità (2011)."Prix 2014: En sa séance du vendredi 21 mars 2014 ". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 2016: foi elixida membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución."Membres honoraires – Honoraire leden (1/12/2017)". Socieété Royale de Numismatique de Belgique."Honors celebrating the 175th anniversary of the Royal Numismatic Society of Belgium". Coins Today. 6 de xuño de 2016.
Escolla de obras
Artigos Travaini publicou desde 1977 máis de 200 artigos sobre arqueoloxía e, fundamentalmente, sobre numismática medieval en publicacións conxuntas e en moi diversas revistas especializadas nestas disciplinas, como a Rivista Italiana di Numismatica, en Numismatic Chronicle ou no Bulletin de la Société Française de Numismatique."Articoli". No sitio web dr Travaini."Lucia Travaini". En Academia.
Monografías Esta é unha selección das monografías máis significativas publicadas por Lucia Travaini:"Libri". No sitio web de Travaini.
(1990): Due castelli medievali. Affile e Arcinazzo Romano. Roma. (1991): Storia di una passione: Vittorio Emanuele III e le monete. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871402857 (1995): La monetazione nell'Italia normanna. Istituto Storico Italiano per il Medio Evo. Roma. Hai unha 2ª edición actualizada publicada por Ars Classica. Zürich. ISBN 9788894220001 (1998): Medieval European Coinage, vol. 14: Italy (3). South Italy, Sicily, Sardinia, Cambridge University Press. Cambridge. Con Philip Grierson. ISBN 978-0521582315 (1999): Moneta locale, moneta straniera: Italia ed Europa XI-XV secolo. The Second Cambridge Numismatic Symposium. Società Numismatica Italiana. (2003): Monete mercanti e matematica. Monete medievali nei trattati di aritmetica e nei libri di mercatura. Jouvence. Roma. ISBN 9788878013254 (2003): L'Agontano: una moneta d'argento per l'Italia medievale. Società Numismatica Italiana. (2004): L'immaginario e il potere nell'iconografia medievale. Società Numismatica Italiana. (2005): Monete medievali e materiali nella tomba di San Geminiano a Modena. Centro Studi Storici Nonantolani. (2007): Monete e storia nell'Italia medievale. Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Roma. (2007): Conii e scene di coniazione. Con Alessia C. Bolis. Ed. Quasar. Roma. ISBN 9788871403557 (2009): Valori e disvalori simbolici delle monete. I Trenta denari di Giuda. Ed. Quasar. Roma. ISBN 9788871404042 (2010): Il patrimonio artistico di Banca Carige. Monete, pesi e bilance monetali. Fondazione Garige. ISBN 9788836618378 (2011): Le zecche italiane fino all'unità. 2 volumes. Istituto Poligrafico dello Stato. Roma. ISBN 9788824013338 (2012): Philip Grierson, Irish Bulls, and Numismatics. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871404707 (2013): Polis, urbs, civitas: moneta e identità. Atti del convegno di studio del Lexicon Iconographicum Numismaticae (Milano 25 ottobre 2012). Con G. Arrigoni. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871405377 (2013): I capelli di Carlo il Calvo. Indagine sul ritratto monetale nell’Europa medievale. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871404929 (2013): Il lato buono delle monete: devozione, miracoli e insolite reliquie. EDB. ISBN 978-8810555156 (2013): Le collezioni della Fondazione Banco di Sicilia. Le monete. Le monete siciliane dal Vespro al 1836. Silvana Editoriale. ISBN 9788836626298 (2016): Il tesoro di Montella (Avellino). Fiorini e ducati d’oro occultati nella metà del Trecento. Ed. Quasar. Roma. ISBN ISBN 9788871407586
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Lucia Travaini
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Roma Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Profesores da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Profesores da Universidade de Milán Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Persoas relacionadas co Museo Fitzwilliam Categoría:Persoas relacionadas co museo Ashmolean Categoría:Escritores de Italia Categoría:Historiadores de Italia