Jesús Castaño Galdo, nado na Vila de Bares (Mañón) o 14 de outubro de 1903 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Militante de Izquierda Republicana, co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Mañón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol en consello de guerra o 15 de marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 13-3-1937, p. 2. Acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe de Ferrol o 16 de abril de 1937 con Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiro e Manuel Ventosinos Pereira.

Notas

Categoría:Alcaldes de Mañón Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mañón Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos