Gijsbert van Lennep nado en Aerdenhout, Holanda Setentrional o 16 de marzo de 1942, é un esquire e expiloto de carreiras que participou en oito carreiras de Fórmula 1. Con todo, os seus principais logros foron nas carreiras de autos deportivos. É membro da nobreza holandesa co título de Jonkheer.

Carreira

thumb|Gijs van Lennep no seu Porsche Carrera RSR Turbo durante as 1000 km de Nürburgring en 1974.

Van Lennep pilotou para o equipo de automobilismo deportivo de Porsche que comezou en 1967. Compartiu o número 22 Martini Racing Porsche 917K con Helmut Marko, gañando as 24 Horas de Le Mans en 1971. Estableceron un récord de distancia, cubrindo 5.335 km que permaneceu invicto ata 2010.

Tamén en 1971, a "Stichting Autoraces Nederland" (Fundación para carreiras de coches nos Países Baixos) contratou un Surtees TS7 para que fixera o seu debut na F1 no GP de casa, onde terminou nun aceptable oitavo posto nun moi chuvioso GP. O ano seguinte, Van Lennep gañou o 1972 Rothmans European Formula 5000 Championship pilotando un Surtees TS11 e un McLaren M18.Wolfgang Kopfler, Formula 5000 in Europe - Race by Race, 2004, pp.90-91 Tamén pilotou dúas veces para o equipo de GP de Frank Williams Racing, gañando o seu primeiro punto do campionato do mundo co sexto lugar no Gran Premio dos Países Baixos de 1973. Con Ensign, anotou un segundo punto no Gran Premio de Alemaña de 1975, sendo así o quinto piloto holandés máis exitoso da Fórmula Un detrás de Max Verstappen, Jos Verstappen, Carel Godin de Beaufort e Christijan Albers.

En 1973 el gañou a última Targa Florio, compartindo o Martini Porsche Carrera RSR con Herbert Müller. Continuou nas carreiras de autos deportivos, compartindo un Porsche 936 Turbo con Jacky Ickx para gañar as 24 Horas de Le Mans de 1976 antes de retirarse das carreiras.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Stichting Autoraces Nederland Surtees TS7 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA ESP MON NED8 FRA GBR ALE AUT ITA CAN NC 0 Team Surtees Surtees TS9 USANTS Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro IR Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED6 ALE AUT9 ITARet CAN USA 19º 1 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro FW Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL14 MON SWE NEDNSC FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0 HB Bewaking Team Ensign Ensign N174 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED10 19º 1 Ensign N175 FRA15 GBR ALE6 AUT ITA USA

Resultados nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Coche Co-piloto(1) Co-piloto(2) Co-piloto(3) Co-piloto(4) Pos. Nota 1970 AAW Racing with David Piper Porsche 917K David PiperRet Accidente 1971 Martini Racing Team Porsche 917K Helmut Marko1º Vitória Global na clase S 5.0 1972 Ecurie Bonnier Switzerland Lola T280 Gérard Larrousse Joakim BonnierRet Accidente 1973 Martini Racing Team Porsche Carrera RSR Herbert Müller4º 1974 Martini Racing Team Porsche Carrera RSR Herbert Müller2º 1975 Gelo Racing Team Porsche Carrera RSR John Fitzpatrick Manfred Schurti Toine Hezemans Georg Loos5º Vitória na Clase GT 1976 Martini Racing Porsche Porsche 936 Jacky Ickx1º Vitória global(Clase S 3.0)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ensign Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Daytona Categoría:Nados en Holanda Setentrional