O Parnaso (en ), chamado tamén Apolo e as musas (en ), é un cadro realizado polo pintor francés do Clasicismo Nicolas Poussin. Mide 145 cm de alto e 197 cm de ancho, e está pintado ó óleo sobre lenzo. Data dos anos 1631-1633. Actualmente exhíbese no Museo do Prado de Madrid, España.

Realizou este cadro inspirado polo Parnaso de Rafael que puido ver na Sala da Signatura (Stanza della Segnatura). Crese que procedía da colección Meyers e en España é mencionado por vez primeira no inventario do palacio de La Granja de San Ildefonso no ano 1746.

Descrición Trátase dunha escena mitolóxica. No monte Parnaso atópase o deus Apolo rodeado polas musas, cada unha delas portando obxectos que permiten recoñecer a cada unha delas, e outros tantos poetas. A figura central podería ser Homero, ó que a musa Calíope coroa de loureiro.

Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Mitoloxía na arte