Santalla de Artoño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 116 habitantes (55 homes e 61 mulleres), 106 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Artoño é de etimoloxía descoñecida, posiblemente prerromana, quizais de orixe hidronímica ou oronímica. Aparece documentado como Sancta Eolalia de Artonio en 1192, e como Artono en 1253.

Patrimonio Igrexa de Santalla de Artoño. Capela do Santo Anxo da Garda. Capela de San Ramón. Casa de Méndez. Casa de Traspeñas.

Festas e celebracións Celébranse as festas do san Ramón na capela do mesmo nome o 31 de agosto e 1 de setembro. Tamén se celebra na capela de Buxel o Anxo da Garda o 5 e 6 de outubro. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Artoño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Artoño

Parroquias de Agolada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada

Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla