San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2018 tiña 67 habitantes (25 homes e 42 mulleres), 173 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación. Toponimia
O topónimo Brántega é de orixe descoñecida.
Economía A parroquia de Brántega foi cabeza do concello e nela celebrábase unha importante feira no lugar da Feira Nova o día 26 de cada mes, hoxe desaparecida. Ademais é un nó de comunicacións para as freguesías do arredor e mantén unha certa actividade comercial e de servizos. A súa maior riqueza é a forestal e destaca pola súa produción de cortiza, xa que a sobreira medra en abundancia na cunca do río Arnego, afectada polo incendio de Toiriz en maio de 2018.
A gandería é a principal economía da parroquia e hai plantacións de eucalipto e piñeiro, decote afectadas polos incendios. O resto da economía local é a denominada economía de subsistencia propia das aldeas, entre a que se sitúa a produción apícola, moi afectada polas vespas velutinas.
Patrimonio Brántega é un nome de raíz céltica. Existen na parroquia varios túmulos funerarios no Campo da Mámoa e en Moas, así como numerosos cruceiros
A igrexa parroquial, do século XVIII, garda un retablo barroco. Ademais da igrexa, hai tres capelas nos lugares de Moas, O Casal e A Feira Nova.
No tocante á arquitectura civil, na aldea de Moas existe un vello casal con escudo nobiliario que pertenceu ao conde de Pallares.
Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega.
Festas O titular de Brántega é San Lourenzo, pero a festa patronal e a de San Bartolomeu o 24 e 25 de agostoLa parroquia agoladense de Brántega celebra la fiesta de San Bartolomé el 24 y 25... .
Celébrase tamén no lugar da Feira Nova a Festa da Santa Cruz.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Brántega
Parroquias de Agolada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Agolada
Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo