Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes), 65 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Berredo podería ser un fitotopónimo procedente do termo berro (do céltico ), que designa a planta do agrón, co sufixo latino - para indicar abundancia; ou ben podería ser un orónimo derivado do termo barro.

Xeografía Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao leste con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño.

Patrimonio Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.

Festas A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Brais; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Berredo

Parroquias de Agolada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada

Categoría:Parroquias de Agolada

Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María