San Miguel de Brocos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 62 habitantes (36 homes e 26 mulleres), 62 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación. Toponimia O topónimo Brocos é de orixe descoñecida, mais podería proceder do adxectivo broco ("curvado cara abaixo") referido á forma do terreo, ou ben co termo borco ("dado a volta, boca abaixo"), en relación coa baixada suave cara ao río Ulla.
Patrimonio Igrexa de San Miguel de Brocos. O templo vello quedou asolagado coa construción do encoro de Portodemouros, e construíuse un novo. Conserváronse as campás da igrexa vella. Capela de Santa Cruz, na aldea de Brocos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Brocos
Parroquias de Agolada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada
Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel