San Cristovo das Viñas é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 5443 habitantes (2608 homes e 2835 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 250 habitantes en relación ao ano anterior.

Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela. Tamén acontece isto mesmo co Polígono de Elviña –cuxa maior parte se atopa na parroquia de San Cristovo e non na de Elviña, a pesar de que o seu nome indique o contrario–.

A parroquia de San Cristovo das Viñas pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Cristovo das Viñas

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares da Coruña

Categoría:Parroquias da Coruña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo